Semente de nós
O Boletín NÓS cumpre 100 anos. Para celebralo, dende o seu berce fundacional, Sarabela Teatro e Ollovivo coproducen este Docu-Drama: celebración-indagación vigorosa e crítica de enorme interese social e cultural.
Dende unha perspectiva contemporánea este proxecto achega, actualiza e desprega unha parte representativa do legado inxente de Nós. Trátase de mostrar (con alegría e vontade) aos máis novos e á cidadanía de onde vimos, tal e como eles fixeron cos seus coetáneos.
Para celebrar o amor, a arte e a beleza, a cultura e a ciencia, a memoria e a esperanza.

