Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

CINEGAL. Ciclo de cine galego

Todas as proxeccións terán unha introdución a cargo dunha actriz. Na proxección de “Arima” Melania Cruz, actriz principal do filme, será a encargada de facer a presentación e no resto das proxeccións desenvolverá esta tarefa a actriz Rocío González Lorenzo, premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva 2021.

Galego

Sala Marilyn Monroe: As herederas

Desde hai máis de 30 anos, Chela (66) e Chiquita (67) viven xuntas. Como fillas de fam ilias de boa posición social herdaran suficiente diñeiro para vivir comodamente sen necesidade de traballar. Pero agora, cando ambas teñen máis de 60 anos, ese diñeiro herdado acabouse. Cando Chiquita vai ao cárcere por non pagar as débedas que contraeu, Chela empeza a prover a mulleres maiores de familias acomodadas cun servizo de taxi que lle axuda a poder manterse. Así coñece a Angy, unha muller 20 anos máis novo que ela, con quen conecta de inmediato.

Galego

Oaza/ Oasis

Á súa chegada a unha institución para persoas con diversidade funcional, María convértese rapidamente en amiga da igualmente apaixonada Dragana. Cando queda claro que ambas as dúas están namoradas do máis retraído Robert, a súa relación altérase e convértese gradualmente nun perigoso xogo para conquistalo. Impulsadas polos seus novos sentimentos de desexo e celos, as súas accións impulsivas derruban o delicado equilibrio preservado polas asfixiantes regras da institución e desembocan en confrontacións e medidas desesperadas para atopar unha saída.

Galego

Earwig

Nalgún lugar de Europa, a mediados do século XX, Albert traballa coidando de Mia, unha nena con dentes de xeo. Mia nunca sae dun apartamento onde as portas e xanelas sempre están pechadas. O teléfono soa con regularidade, e un individuo coñecido como o Mestre interésase polo estado de Mia. Un día, Albert recibe instrucións: debe preparar á nena e saír ao exterior.

Galego

Las siamesas

Estela e a súa nai Clota deben viaxar desde Junín, onde viven, ata a localidade de Costa Bonita, en Necochea, para ver uns apartamentos que o pai de Estela lle deixou. Isto volverase un encordio para ela, xa que a súa nai é difícil de tratar: quéixase, tenlle medo a todo, di cousas ferintes e pasa o tempo lembrando o pasado.

Galego

Cineuropa 2021 - Onoda, 10.000 nuits dans la jungle / Onoda

Finais de 1944. Xapón está a perder a guerra. Por orde do misterioso comandante Taniguchi, Hirō Onoda é enviado a unha illa de Filipinas xusto antes do desembarco estadounidense. Os poucos soldados que logra arrastrar ata a selva axiña descubrirán a doutrina descoñecida que os unirá a este home: a guerra secreta. Para o Imperio, a guerra está a piques de acabar. Para Onoda, a guerra rematará 10.000 noites despois.

Galego

Cineuropa 2021 - La vallée fantôme / O val pantasma

Paul, duns 50 anos, é director de cinema. Escribe un guión coma se fose a súa profesión e comeza a buscar unha actriz para o rol principal. O feito de que non a atope ten que deberse forzosamente a algo: talvez haxa demasiadas historias e imaxes, demasiadas actrices e moi pouca tranquilidade. Quizá tamén sexa unha necesidade. Espontaneamente, Paul tira o seu guión. Jean acaba de rematar a escola de cinema e é contratada por Paul como asistente. Un día, Paul atopa unha vella foto de Dara, unha actriz italiana que algunha vez coñeceu e admirou, e que desapareceu da pantalla hai tempo.

Galego

Cineuropa 2021 - Jadde Khakhi / Hit the Road

Unha familia tan cariñosa como caótica realiza unha viaxe por estrada a través dunha paisaxe accidentada, pero a onde? No asento traseiro, o pai ten unha perna rota, pero realmente está rota? A nai intenta rir cando non está a reprimir as bágoas. O neno está entregado ao seu particular karaoke, con coreografía incluída, no interior do coche. Todos se angustian polo can, que está enfermo, e póñense nerviosos os uns aos outros. Só o misterioso irmán maior permanece calado.

Galego

Cineuropa 2021 - Patrimonio nacional

Segunda entrega da saga dos Leguineche precedida por La Escopeta Nacional e completada con Nacional III. Trala morte de Franco (1975) e a restauración da monarquía, o marqués de Leguineche regresa ao seu palacio de Madrid. Despois de trinta anos de exilio voluntario na súa leira Los Tejadillos, proponse achegarse ao rey para renovar a antiga vida cortesá. Con todo, non lle resulta nada doado acceder á casa real.

Galego

Cineuropa 2021 - Algo salvaje. La historia de Bambino

Dicía o Dr. Tyrell a Roy na soada Blade Runner que "a luz que brilla co dobre de intensidade dura a metade do tempo". Como Bambino, unha vida demasiado curta e á vez demasiado intensa para o referente dun país que empezaba a espertar tras madrugadas de festas infinitas e salvaxes. Do mesmo xeito que Morente ou Camarón, Bambino foi no seu momento a última fronteira do flamenco, ao que rescatou e achegou ao gran público.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual