Biblioteca de Libros Fantásticos de Carmen Domech
A biblioteca cede o espazo a Títeres Cachirulo para a realización da exposición Biblioteca de Libros Fantásticos de Carmen Domech.
A mostra recibe o nome "Biblioteca de Libros Fantásticos" porque emprega a fantasía para crear os elementos que a compoñen, intentando abrir unha porta ao fértil terreo da imaxinación para animar ás persoas visitantes a inventar as súas aventuras arredor destas obras e fantasear co que pode agardar tras os lombos dun libro do estante da súa biblioteca.

