O Camiño, a vista de Playmobil
A exposición inclúe un diorama de 48 metros cadrados e divídese en tres zonas. A primeira delas, que ocupa 24 m², e correspóndese co Camiño Francés actual ao seu paso por Galicia. Nesta sección póñense tamén en valor distintos aspectos como a súa riqueza cultural, natural, patrimonial, etnográfica e gastronómica a través da representación de diferentes elementos como as pallozas de Pedrafita, a elaboración de queixo en Arzúa ou o icónico Monte do Gozo.

