18 de outubro: Día das (nosas) escritoras
Que sería de nós, lectores e lectoras, sen as nosas autoras favoritas de literatura infantil en galego? Achégase o seu día e queremos festexalo ao grande cos libros que máis vos gustan e tamén con outros títulos que talvez coñeciades menos... para que sigades e sigamos desfrutando delas, non só nesta data sinalada, senón ao longo de todo o ano.
A mostra pode visitarse na sala infantil durante o horario de apertura.

