Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Tigres coma cabalos

A mostra recupera, 31 anos despois e en formato de exposición, unha das obras máis emblemáticas e vangardistas de Xela Arias, realizada en colaboración co fotógrafo Xulio Gil. Está estruturada en 48 paneis que recollen outras tantas fotografías de Xulio Gil e textos de Xela Arias. O traballo dos autores partiu de 24 obras individuais iniciais (24 poesías de Xela Arias e 24 fotografías de Xulio Gil). Cada un dos artistas traballou a proposta do outro ata conseguir as outras dúas ducias de creacións que completan o proxecto.

Galego

Piranesi

Giambatista  Piranesi (1720 - 1778) é considerado un dos grandes artistas da historia na modalidade de gravado denominada Aguafuerte, así como no xénero das Vedute (Vistas). "As súas obras pretendían cambiar a realidade e restaurar a grandeza pasada", así o explican desde a organización da mostra 'Piranesi- Vedute-vistas da Roma antiga-Cárceres' que acolle desde este martes a Sala de Exposicións do Colexio de Fonseca e que está impulsada desde a Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital (FMAG), situada no Concello de Ribeira.

Galego

Entre amigos. XI edición da Mostra de Fotografía Etnográfica de Socias e Socios do MPG

Como cada dous anos, as persoas socias do MPG mostran o seu compromiso coa institución achegando a súa visión particular sobre diversos temas etnográficos e antropolóxicos.

Son 21 achegas que reflexionan sobre temas como  a desaparición de actividades tradicionais ou as manifestacións da cultura inmaterial e material. Pero, por encima de todo, son olladas particulares que reflicten as inquietudes dos autores ao redor de infinidade de aspectos da cultura tradicional galega.

Galego

Fe

Fe, a nova exposición do Museo das Peregrinacións e de Santiago, ten como finalidade realizar unha retrospectiva que recolla o traballo do fotógrafo Tino Martínez entre 1971 e 2016. Centrada na serie de celebracións relixiosas populares de Galicia: as romarías.

A cámara do consagrado fotógrafo compostelán Tino Martínez capta como poucos aquilo que non se ve nestas festividades populares onde se mestura o relixioso e o profano, a devoción, a festividade e a fe, a principal motivación que funciona como nexo vertebrador desta nova mostra fotográfica do MDPS. 

Galego

Visións inéditas

Visións inéditas é un proxecto realizado a partir de catro pezas audiovisuais, conformadas a modo de capítulos, que compoñen un documental a través do cal asomarse a algunhas das persoas, lugares e experiencias que axudan a definir e revalorizar o patrimonio natural e cultural galego. As pezas, ideadas especificamente para o proxecto, están dirixidas por Jaione Camborda, Xisela Franco, Lois Patiño e Alfonso Zarauza, quen representa unha boa mostra da vixencia e calidade do audiovisual galego contemporáneo.

Galego

Camiños

Camiños é un proxecto que aborda o feito de camiñar, andar, pasear e a vivencia do camiño, do vagar, do itinerario e a peregrinación como fenómenos e experiencias artísticas.

Galego

Carles Fontseré e Camilo José Cela. Nova York amarga

Este arquivo está composto por tres conxuntos de fotografías e negativos que foron utilizados polo escritor para proxectos literarios e libros como Viaxe á Alcarria (1948) con fotos de Karl Wlasak e Novas escenas matritenses (1965-1966) con fotos de Madrid de Enrique Palazuelo, e as fotografías realizadas por Carles Fontseré para Nova York amarga. Este último libro non chegaría a publicarse aínda que o autor chegou a escribir cinco textos moi breves, cuxos manuscritos se conservan hoxe no arquivo da Fundación Camilo José Cela en Padrón.

Galego

Lado, unha saga de ourives composteláns

A exposición está dedicada ao ourive Julio Lado Martínez, último e máximo expoñente dunha saga familiar dedicada á ourivaría con forte enraizamiento en Compostela desde o século XIX. Reúne unha selección de pezas realizadas por el ao longo da súa vida como mestre do cincelado e do repujado, técnicas centenarias en perigo de desaparición. Recreouse ademais un pequeno taller artesanal, con ferramentas tradicionais moi antigas.

 

Galego

Titanes

Posiblemente sexa a exposición máis ambiciosa que fixese ata a data. Quixen homenaxear dalgunha maneira a todos os nosos maiores, tan importantes nas nosas vidas e que moitos se foron antes de tempo polas circunstancias que vivimos nos últimos meses. Figuras a tamaño real, anónimas, nas que calquera de nós poderemos atopar referencias. Completo a mostra con algúns dos traballos que realicei este último ano. 

Galego

Mundos imaxinarios

Artista multidisciplinar, realizo os meus estudos na Escola de Artes Aplicadas P. Picasso da Coruña. Dentro da miña traxectoria profesional e artística desenvolvinme en distintas disciplinas creativas , participando en diferentes exposicións tanto de maneira individual como colectiva.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición