Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Eu podo: Historias de Mulleres

Buscamos referentes! Sé a nosa protagonista!

Campaña EU PODO, Historias de Mulleres.

Imos facer unha exposición fotográfica contando historias de mulleres de Covelo e tí podes ser a protagonista! Buscamos:

*Mulleres de Covelo que realicen proxectos, profesións pouco realizadas por mulleres. *Mulleres que non puideron facer os proxectos que desexaban porque era difícil facelos para unha muller no seu momento

*Mozas e nenas que nos digan qué queren ser.

Galego

As precursoras

Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal, Sofía Casanova, Filomena Dato Muruais... precursoras da defensa dos dereitos das mulleres.

Mostra bibliográfica coas obras que alberga a Biblioteca das mulleres galegas que modernizaron política, social e culturalmente Galicia. 

Galego

27 de marzo - Día Mundial do Teatro

O Día Mundial do Teatro é o 27 de marzo. Ao igual que a mostra de poesía e debido á proximidade de ambos eventos co Día Internacional da Muller, centrámonos na dramaturxia realizada por mulleres. Queremos destacar unha serie de obras de autoras que temos na nosa colección e que, na medida do posible, sexan unha representación do panorama heteroxéneo da creación teatral mundial.

Galego

21 de marzo. Día Mundial da Poesía

O 21 de marzo celebramos o Día Mundial da Poesía. Na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal queremos facer unha achega íntima sobre o noso fondo bibliográfico poético. No marco do mes da muller, elaboramos unha mostra bibliográfica de lecturas de autoría exclusivamente feminina, na que a meirande parte delas son de autoras galegas, para reivindicar o papel destas mulleres no panorama literario actual e a súa influencia na nosa construción persoal como lectoras.

Galego

Exposición de graffitis

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal cede o espazo á Consellería de Política Social para acoller a exposición de 6 das obras finalistas do concurso Xuventude Crea, edición 2020, na categoría de graffiti, que poden verse desde o 2 ata o 31 de marzo no vestíbulo da biblioteca.

Galego

Todo aquilo que sucede e con todo non é

Sobre o seu proxecto específico para o MARCO, sinala Rosendo Cid: “A partir do título albíscase a intención chave deste proxecto expositivo, desviándome do meramente descritivo para afondar no feito mesmo de todo acto creativo como mero ocorrer, como acontecemento, sendo consciente de todo aquilo que aconteza antes de que a peza estea completada pero que igualmente está implícito cando se finaliza.”

Galego

As formas partilladas

Salvador Cidrás (Vigo, 1968) e Juan Cidrás (Moaña, 1965) forman, dende 2015, un colectivo artístico que investiga o medio cerámico e téxtil dende unha perspectiva escultórica e pictórica, respectivamente. “O noso traballo céntrase na forma e o concepto de ‘aberrante’, aquilo que se aparta do que se considera normal, natural ou correcto, en oposición ao que se aferra –a convención– ou o que é formal. As pezas maniféstanse capaces de establecer relacións entre elas e mudar, xa sexa a través da forma, a cor ou a súa instalación no espazo.”

Galego

Sombras e cor

Mar Vicente (Lugo, 1979) propón un proxecto específico para os espazos do MARCO, en sintonía cun traballo que se caracteriza pola economía de elementos cromáticos e compositivos, e pola experimentación coa forma vencellada á transformación do soporte pictórico. O punto de partida é o cadrado, que a artista desenvolve cara a terceira dimensión. O cubo, como o seu volume máis directo, adopta actitudes non convencionais que, xunto á iluminación cambiante e o punto dende onde se observa, afectan á percepción dos volumes e dos espazos.

Galego

José Suárez. 1902-1972

A mostra antolóxica José Suárez. 1902-1972, que poderá visitarse no edificio Castelao (antes Sexto Edificio) do 2 de marzo ao 18 de abril, recolle a obra dun dos máis vangardistas e orixinais fotógrafos galegos do século XX.

Xunto a selección de 150 fotografías amósase un número importante de cartas, documentos, libros e catálogos que axudan a dar unha visión de conxunto da súa actividade profesional.

Galego

Coma elas son

A mostra que vos propoñemos este mes ten un dobre sentido. Por un lado, lembrarvos que sodes iguais que as protagonistas/personaxes (mulleres con éxito na súa profesión, que reivindican dereitos, que conseguen pequenos logros no seu día a día...) dos libros que vos presentamos e, por outro, que teñades nelas un espello no que reflexarvos.

Dispoñible na sala infantil durante o horario de apertura da biblioteca.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición