Philip West. O amor e a muller
En 1996 Philp West sabía que os seus días estaban a terminarse. Estaba namorado e sabía que deixaba atrás un futuro prometedor. Era un home novo. Ese ano pintou un óleo simbólico e importante, Veciños. Á esquerda do lenzo hai unha M pintada en marrón sobre un fondo laranxa. A M está cuberta de casiñas e edificios. A W en verde, está delineada con cor laranxa e o fondo, en tons verdes e negros, está cuberto de cruces. A M é Marián e a W West. Obra creada sinceramente representando a traxedia que se achegaba. A nosa exposición iníciase con este óleo.

