Biblioteca de linguas
Co gallo da celebración do Día da Lingua Materna, o 21 de febreiro, propoñemos una selección de libros infantís en diferentes linguas.
Pode visitarse na sala infantil durante o horario de apertura da biblioteca.
Co gallo da celebración do Día da Lingua Materna, o 21 de febreiro, propoñemos una selección de libros infantís en diferentes linguas.
Pode visitarse na sala infantil durante o horario de apertura da biblioteca.
Está a chegar o Entroido. Na biblioteca sumámonos a esta divertida festa cunha exposición de libros sobre disfraces, máscaras, tradicións, etc. relacionadas con esta época do ano.
Pode visitarse na sala infantil durante o horario de apertura da biblioteca
Nesta exposición fotográfica Mark Ritchie comparte connosco a súa especial mirada da "antiga" Biblioteca sita na Rúa Concello. Poderase visitar no horario de apertura da Biblioteca.
O 9 de xaneiro, A rede visible, primeira mostra fotográfica sobre as realidades LBT de Galicia, chega á principal arteria peonil de Arteixo, a Avda do Balneario. Esta iniciativa da asociación pola visibilización LBT Lles Coruña, saca, por primeira vez, ás rúas, prazas e avenidas as imaxes de dezaoito mulleres da actualidade galega, que poñen rostro e historia ás fotografías de Susana Milnes Aler.
O Nadal está presente nas nosas vidas da maneira máis diversa, dependendo a nosa idea sobre el da percepción das numerosas accións exteriores pero tamén das propias actitudes en relación con esta festa. Por iso naceu esta mostra de imaxes do Nadal; un abanico de instantáneas que reflicten as diveras visións dos seus autores e provocarán sentimentos acordes coa sensibilidade de cada un de nós. Presentamos obras de Eduardo Ochoa, Muguel Calvo, Fernando Gago, Miguel Fraga, Xosé Manuel Otero, Toñi *Ónega (In memoriam), José Manuel Guisasola, G. L. Méndez e Hixinio Flores.
A peza protagonista que inaugura o 2021 procede do xacemento galaico-romano do Monte do Señoriño (Armea, Santa Mariña de Augas Santas, concello de Allariz), que xunto co castro da Cibdá de Armea, o Forno da Santa e a basílica inacabada da Asunción, forma un conxunto arqueolóxico-etnográfico, complexo e máxico, nomeado recentemente polo director das escavación Adolfo Fernández como conxunto arqueolóxico-histórico de Armea. Trátase dun lugar de enorme riqueza e variedade de materiais, e de diferentes e interesantes contextos históricos.
Exposición que analiza a relación entre a obra de Luis Seoane e a prestixiosa revista Ver e Estimar, dirixida polo crítico de arte arxentino Jorge Romero Brest entre 1948 e 1955. O título da mostra fai referencia ao progresivo distanciamento entre dous vellos amigos e compañeiros de viaxe durante os anos anteriores, no antifascismo arxentino.
É unha mostra que reune as experiencias levadas a cabo dentro do programa didáctico Laboratorio Escóitasme? da Fundación Luis Seoane, un proxecto online dirixido ao público infantil e ás súas familias que tivo lugar durante o período de confinamento, no que máis de vinte creadores propuxeron ao longo de de 10 semanas un reto relacionado co seu traballo e co universo creativo de Luis Seoane aos participantes.
Esta exposición é unha homenaxe a todas as mulleres que loitan, e loitaron a diario, polo dereito básico a ter unha vida digna. Está composta por 15 imaxes de mulleres de 12 países que participan en procesos de desenvolvemento das súas comunidades xunto a organizacións locais e ONG galegas.
Nesta exposición, situada na sede de Afundación na Coruña, móstrase un recompilatorio de fotografías enviadas por particulares realizadas durante o confinamento.As instantáneas están acompañadas de textos escritos pola articulista Inma Lopez Silva nos cales reflexiona sobre o momento histórico vivido.