Mulleres de Nigrán -1970
Exposición fotográfica das mulleres de Nigrán en 1970.

Exposición fotográfica das mulleres de Nigrán en 1970.
Esther Medraño González (Vigo, 1982). a súa profesión como mestra de Educación Especial e especialista en Trastornos do Espectro do Autismo fai que entenda as imaxes como o medio comunicativo máis universal e emprende en 2015 a súa formación en fotografía na escola Zona 5 para dar un paso máis na creación e expresión desa linguaxe propia. Colabora con Olga Lalín nunha proposta artística Fotopoemas e xunto a Paula Verde en exposicións fotográficas para concienciar sobre ó autismo.
A instalación de Miguel Moreno Mateos (Madrid, 1978) é unha alegoría do proceso de crecemento vital, unha viaxe metafórica polos procesos que nos definen como persoas, que nos unen e diferencian dos demais e nos ligan ou nos separan do ecosistema.
A auga é o elemento que dá a vida en sentido real e figurado a esta instalación. É o material que percorre un conxunto de 17 elementos de vidro e látex, adaptándose ás súas formas, percorrendo as súas canles, como veas e condutos dun sistema complexo e interconectado.
No marco da celebración deste atípico Ano Santo, a exposición da Real Academia Galega das Belas Artes componse de obras de destacados artistas galegos das disciplinas pictórica, escultórica e fotográfica, asocia o arte co Camiño de Santiago utilizando como fío condutor citas e referencias sobre a cidade de Compostela e a peregrinación Xacobea realizadas por autores como Vicente Risco, Dante ou Federico García Lorca.
A historia da arte é espello da historia dos pobos. Os cambios de ideas e os cambios do xeito de velo mundo refléxanse na historia da arte. Un pobo sen arte é un pobo sen fala. O título da mostra do carballés Antón Díaz, "Tucho", Nosa Terra, alude a un lugar. A un lugar que é noso. Un lugar onde os pinos falan para os bos e xenerosos. Nesta mostra de pinturas nárrase, desde a plástica e o visual, un conto desde a mirada dun neno.
A Capela de San Roque acollerá durante estas semanas a exposición póstuma "As nosas Señoras do Camiño" da artista plástica e veciña, Ana Sastre, que nos deixou recentemente.
Do 2 de marzo ao 4 de abril.
Reproduccións artísticas, en pasta de papel, de imaxes da iconografía románica que se atopan na contorna do Camiño de Santiago.
A exposición, que inaugura o calendario da sala en 2021, consta dunha trintena de óleos de temática variada, aínda que destacan as paisaxes e unha serie sobre geishas.
Artista ferrolá con máis de quince anos de traxectoria, Julia Pita mantivo os seus primeiros contactos co mundo da pintura nas clases de pintura do mestre José Montero. Ata a actualidade, realizou exposicións no Club de Tenis de Redes, no Casino de Ares, en Mugardos, no Froiz de Narón e no Club de Campo de Ferrol. Entre as súas obras, destaca paisaxes, bodegóns, pousados e mariñas, entre outras.
Presentación e publicación virtual mensual para profundar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo.
O Concello organizará, durante o mes de marzo na sala Valente, unha gran exposición con máis de 50 personaxes tradicionais do Entroido ourensán. "Canceladas todas as grandes celebracións do evento máis sinalado do ciclo festivo da cidade, sen hostalería nin actos culturais", explica o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, "o goberno municipal decidiu aprazar a exposición de personaxes", di, cuxa apertura estaba prevista para o mes de febreiro, coincidindo co Entroido.
Mostra Bibliográfica
Seguindo o ronsel da booktuber Magrat Ajostiernos dedicamos este mes a dar a coñecer lecturas do continente veciño. Non perdas a mostra bibliográfica no Espazo Xove nin as recomendacións diarias a través da nosa conta de Twitter.