Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Wunderkammer

En 1952 André Malraux publica Le Musée imaginaire de la sculpture mondiale, un texto capital na historiografía da arte do século XX, relegado ao segundo plano pola preeminencia dos discursos estéticos posmodernos derivados do situacionismo francés. Malraux antecedía neste texto unha forma de concibir a Historia da Arte como disciplina aberta, na que a historia dos estilos se desdebuxa en favor dun entendemento cruzado, co que se abre lugar ás conexións indebidas, múltiples e baseadas nos afectos e as subxectividades.

Galego

Lonxe América

David Lamelas (Bos Aires, 1946) é unha figura clave da arte conceptual e un dos grandes protagonistas da escena artística arxentina na década dos sesenta. Desde os inicios, a súa obra distinguiuse por unha singular capacidade camaleónica para se adaptar a distintos contextos, xa fosen artísticos, arquitectónicos, xeográficos ou sociais, en capitais como Londres, Bruxelas, París, Milán, Los Angeles, Nova York ou Berlín.

Galego

Nueva York amarga

O CGAC adquiriu en 2017 o arquivo fotográfico de Camilo José Cela, que ata ese momento estaba depositado na Fundación Camilo José Cela en Iria Flavia, en Padrón. Este arquivo está compuesto por tres conxuntos de fotografías e negativos que foron utilizados polo escritor para proxectos literarios e libros: o primeiro fórmano as fotografías eo negativos de Karl Wlasak, que se utilizaron para ilustrar a primeira edición de "Viaje a la Alcarria" (1948); o segundo, as fotografías e os negativos realizados por Enrique Palazuelo en Madrid a finais dos anos cincuenta e que Cela utiliza para escribi

Galego

Breaking the Monument

O poder das imaxes, dos símbolos, da icona, pero tamén a representación política da historia, as súas manipulacións e omisións, son cuestións sobre as que se reflexionou de forma abundante desde a propia teoría e a historia da arte.

Galego

Jewish Journeys / Viaxes Xudías

Até o 26 de marzo pode visitarse na Sala de Exposicións Municipal a mostra "Jewish Journeys / Viaxes Xudías". A mostra foi deseñada e doada pola Biblioteca Nacional de Israel á Red de Juderias de España con motivo das Xornadas de Cultura Xudía 2020. A través de paneis informativos e fotografías cóbrense as diferentes motivacións ás que se enfronta o ser humano ao facer unha viaxe.

Galego

Eu podo: Historias de Mulleres

Buscamos referentes! Sé a nosa protagonista!

Campaña EU PODO, Historias de Mulleres.

Imos facer unha exposición fotográfica contando historias de mulleres de Covelo e tí podes ser a protagonista! Buscamos:

*Mulleres de Covelo que realicen proxectos, profesións pouco realizadas por mulleres. *Mulleres que non puideron facer os proxectos que desexaban porque era difícil facelos para unha muller no seu momento

*Mozas e nenas que nos digan qué queren ser.

Galego

As precursoras

Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal, Sofía Casanova, Filomena Dato Muruais... precursoras da defensa dos dereitos das mulleres.

Mostra bibliográfica coas obras que alberga a Biblioteca das mulleres galegas que modernizaron política, social e culturalmente Galicia. 

Galego

27 de marzo - Día Mundial do Teatro

O Día Mundial do Teatro é o 27 de marzo. Ao igual que a mostra de poesía e debido á proximidade de ambos eventos co Día Internacional da Muller, centrámonos na dramaturxia realizada por mulleres. Queremos destacar unha serie de obras de autoras que temos na nosa colección e que, na medida do posible, sexan unha representación do panorama heteroxéneo da creación teatral mundial.

Galego

21 de marzo. Día Mundial da Poesía

O 21 de marzo celebramos o Día Mundial da Poesía. Na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal queremos facer unha achega íntima sobre o noso fondo bibliográfico poético. No marco do mes da muller, elaboramos unha mostra bibliográfica de lecturas de autoría exclusivamente feminina, na que a meirande parte delas son de autoras galegas, para reivindicar o papel destas mulleres no panorama literario actual e a súa influencia na nosa construción persoal como lectoras.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición