Dobre Quadratura - Lois Patiño e Jorge Perianes
Esta mostra enxalza o espírito barroco da Casa do Cabido, auspiciando a idea do misterio que se oculta tras o pano pétreo da súa fachada. E, como na vella técnica pictórica da Quadratura, na que o engano artístico (trompe- l'?il) propiciaba que as figuras flotasen elevándose nun imaxinario ascenso cara ao firmamento, os artistas Lois Patiño e Jorge Perianes interveñen o espazo das salas, creando o seu singular acto escénico.

