Fondos pétreos
Neste ano que se celebra o centenario da primeira publicación da revista Nós, o museo quere chamar a atención sobre unha parte importante das coleccións do museo como son fondos pétreos de gran tamaño que aínda permanecían na antiga sede. Ademais, preséntanse nun lugar tan emblemático, unido ao traballo de Florentino López Cuevillas, figura singular da xeración Nós, como é o xacemento de San Cibrao das, hoxe Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa (PACC).

