A tres mans pola vida
Na exposición colectiva “A tres mans pola vida” comparten espazo as obras pictóricas de Ángeles Garrido e Pepe Potel e a arte cerámica de Ana María González. Os tres artistas xa protagonizaron unha mostra similar no Nadal de 2019 e nesta segunda edición optaron por manter o título da exposición “como unha chamada de esperanza a #ante a situación de pandemia mundial que vivimos”.
No Auditorio Municipal de Valga durante todo o mes de decembro.

