Viae Ad Limina Sancti Iacobi
Ad Limina Sancti Iacobi é a colección máis querida do artista Chencho Pardo Valdés, quen gardou con esmero os debuxos relativos a Galicia e pasaron a formar parte da súa colección privada. Esta exposición non só sorprende pola calidade artística dos debuxos e a súa minuciosidade; a caligrafía que os acompaña ten o estilo propio do autor. Redactadas e escritas por el mesmo con pluma seguindo un estilo histórico, confírenlle un aire melancólico ao percorrido por estas vilas e cidades representadas na sala expositiva do Museo das Peregrinacións e de Santiago.