Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Leopoldo Nóvoa 1919-2019

As exposicións que estaban vixentes no Museo de Pontevedra o pasado 12 de marzo, cando a Covid-19 obrigou ao seu peche, seguirán sendo protagonistas na reapertura.

Trátase das mostras 'Leopoldo Nóvoa 1919-2019', e 'Debuxantas. Pioneiras da ilustración', que apenas estivo unhas horas aberta ao público.

Agora, tras semanas de trámites, acordouse cos propietarios e depositarios de todas as pezas a permanencia das dúas exposicións en Pontevedra ata o 30 de agosto.

Galego

Exposición: O tecido na antigüedade

Dunha forma sinxela e didáctica, explicamos a través de oito paneis os aspectos básicos da elaboración do tecido na antigüidade. Como fío condutor de todo o proceso servímonos das numerosas pezas recuperadas durante o case medio século de escavacións no castro de Viladonga. Entre todos eses fondos destacamos o peite, a tesoira, as pesas de tear, ou as máis de catrocentas fusaiolas que nos falan da importancia das labores do tecido para os habitantes do castro.

Galego

Mostra Bibliográfica

Mostra cunha selección de libros curiosos sobre o Camiño de Santiago como o que relaciona o Camiño co Dereito, un exemplar con encadernación tipo caderno de campo que analiza as Fontes do Xacobeo celebrado en Ourense.

27 exemplares coidadosamente escollidos que farán as delicias dos curiosos que decidan achegarse á biblioteca. A mostra pode visitarse no segundo andar.

Galego

Exposición 'Cinema e emocións'

O Museo Centro Gaiás exhibe ata o 10 de xaneiro de 2021 "Cinema e emocións. Unha viaxe á infancia", unha exposición organizada por La Cinémathèque française e a Fundación "La Caixa", en colaboración coa Xunta de Galicia no marco do Xacobeo 2021. A mostra convida a un percorrido a través dun século de historia do cinema e a unha reflexión sobre o papel fundamental da infancia na creación de relatos e personaxes no cine, así como sobre a influencia que ten a sétima arte no propio desenvolvemento persoal durante a nenez.

Galego

Exposición 'Facer Camiño'

'Facer camiño' é unha exposición itinerante na que se asocia a arte co Camiño de Santiago que percorrerá as 7 grandes cidades galegas, así como as vilas de Tui, Cee e Mondoñedo, concellos asociados ao territorio histórico das rutas xacobeas.

A comisaria da mostra, Asunta Rodríguez, realizou unha escolma de 23 pezas que inclúen pinturas, esculturas e fotografías de destacados artistas galegos, enfiada por citas e referencias a Santiago de Compostela e á peregrinación xacobea de autores como Dante, Federico García Lorca ou Vicente Risco.

Galego

Exposición itinerante 'Xenio, gloria e oficio' sobre Domingo de Andrade

“Xenio, gloria e oficio” é a mostra coa que a Xunta de Galicia, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, pon en valor a figura do arquitecto Domingo de Andrade. Trátase dunha exposición itinerante que divulgará o legado do mestre barrco na capital galega así como en Tui, Ourense e Lugo.

 

A importancia da mestría e oficio deste xenio da arquitectura barroca propiciou que a Real Academia Galega decidira dedicar o Día das Artes Galegas deste ano á difusión da súa figura e traxectoria artística.

 

Galego

Exposición temporal 'A voz presente' de Carvalho Calero

'A voz presente' é unha exposición realizada pola AGAL e a Xunta de Galicia que conta con Carlos Quiroga e José Luís Rodríguez (USC) como comisarios.

A mostra consta de varios paneis nos que por un lado se expón a vida de Carvalho en relación aos acontecementos de cada época que viviu a través dunha liña de tempo e, por outro lado, úsanse textos do propio Carvalho para explicarse a si mesmo. Ricardo Carvalho Calero foi o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas de 2020.

 

Lugar: Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición