Ciencia en galego
Para apoiar a conmemoración do mes de novembro como Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas e sensibilizar ás lectoras e lectores sobre a necesidade de empregar o galego na literatura científica e divulgala, expoñemos unha selección de obras sobre ciencia en galego.
Pode visitarse no 3º andar durante o horario de apertura da biblioteca.

