Centenario da publicación da Revista Nós
Mostra bibliográfica para conmemorar o centenario da publicación da Revista Nós: boletín mensual da cultura galega.
Mostra composta dos libros sobre un dos momentos literarios e creativos máis importantes de Galicia con figuras destacadas como Castelao, Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo, Losada Diéguez, Vicente Risco, Francisca Herrera Garrido... ; obras escritas polas autoras e autores, biografías, novelas ambientadas na época, películas, publicacións seriadas.

