Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Arquifeituras

A mostra convida a reflexionar sobre os hábitats e as diferentes formas de vivir nun espazo a través de fórmaa arquetipo da casa.

Está composta por un total de 36 obras, a maioría delas escultóricas, aínda que os visitantes tamén poderán observar algunha instalación, pintura e fotografía creadas ao longo de varios anos, aínda que todas elas manteñen un fío condutor. A exposición permanecerá aberta durante case un mes e medio, concretamente ata o 11 de marzo.

Galego

Mostras Bibliográficas

Dende 2014 en Galicia celebramos o 30 de xaneiro o día da ilustración, en recordo do nacemento de Castelao. Este ano o día da ilustración está adicado a Cándido Fernández Mazas, artista ourensán da primeira metade do século XX (poderedes atopar información sobre el na sección de fondo local no 2º andar). A comicteca e o Espazo Xove da Biblioteca Pública de Ourense festexan esta data con dúas mostras bibliográficas dirixidas a dar a coñecer ilustradores e ilustradoras presentes noso fondo.

Galego

75 aniversario da liberación de Auschwitz

O 27 de xaneiro de 1945 o Exército Vermello liberaba o campo de concentración de Auschwitz-Birkenau, no sur de Polonia. Desde 2007 nesa data conmemórase o Día internacional en memoria das vítimas do holocausto. Unha data para ter presente o horror dos campos de exterminio nazis onde foron asasinadas millóns de persoas. Entre elas, máis dun cento de galegos: en Mauthausen, Dachau e Sanhsenhausen.
Lembramos ás vitimas cunha mostra no 2º andar. Pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.

Galego

Muller

Cedemos o espazo ao fotógrafo Niti Laíño para realizar esta exposición de fotografía. Un traballo que, con respecto á súa obra anterior, mostra unha nova realidade social e vital, máis representativa, desprexuizada e emancipatoria non só no formal senón tamén na composición.

O artista segue a fotografar persoas, espazos e actividades da vida cotiá cunha intencionalidade renovada malia que, invariablemente, só adquiren sentido para el nun cuarto escuro, cando as ve aparecer maxicamente sobre o papel na cubeta de revelado.

Galego

75 aniversario da liberación de Auschwitz

O 27 de xaneiro de 1945 o Exército Vermello liberaba o campo de concentración de Auschwitz-Birkenau, no sur de Polonia. Desde 2007 nesa data conmemórase o Día internacional en memoria das vítimas do holocausto. Unha data para ter presente o horror dos campos de exterminio nazis onde foron asasinadas millóns de persoas. Entre elas, máis dun cento de galegos: en Mauthausen, Dachau e Sanhsenhausen.

Lembramos ás vitimas cunha mostra no 2º andar. Pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.

Galego

O entroido

Xa é tempo de entroido! expoñemos algúns libros sobre o tema con ideas para os disfraces e demais.

Ademais, do 18 ao 26 de febreiro deixámosvos caretas e disfraces para que festexedes o entroido 2020 na biblioteca.

Na sala Infantil, pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.

Galego

Sóame a chinés

Mostra de libros chineses vinculada á programación da V Semana da cultura chinesa na biblioteca, ciclo de actividades do 5 ao 7 de febreiro, organizada pola Asociación Cultural Educativa Qu Yuan, (阿塞屈原) e coordinada por Miguel Cortés Hernández (米東方), vogal de Intercambios Lingüísticos e Actividades Culturais da Asociación, e Han Yu (韩禹) presidente da Asociación China Universitaria de Santiago de Compostela (圣地亚哥大学中国学生学联).

Pódese visitar na sala infantil durante o horario de apertura da biblioteca.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición