[Confinados]
Esta mostra reúne pequenas obras inéditas sobre papel, pequenos obxectos e esculturas ou fotografías, creadas por vinte artistas nas súas propias casas, traballos que nacen nun momento histórico singular e que, con prezos simbólicos, quere estimular o consumo de arte de proximidade e contribuír a suavizar a desescalada dos nosos creadores.

