Exposición ‘Blanquísima su presencia’ de Nelson Villalobos
A exposición do pintor, debuxante, escultor e serígrafo Nelson Villalobos conta con 62 obras do artista, pertencente á chamada Xeración dos 80 en Cuba. Divídese en dúas áreas diferenciadas, a primeira delas composta por 14 pezas recentes en gran formato, a maior parte delas dedicadas á súa nai, e unha segunda parte, cun total de 48 obras de menor tamaño que constitúen unha retrospectiva da súa traxectoria.

