Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Rafael Úbeda- Cromatismo expresivo

Desde a experiencia que lle proporciona a súa continuada e sólida posición como artista,  Rafael Úbeda encóntrase, actualmente, nunha etapa na que afronta a creación, trazando unha realidade nunca vista,  inmerso no seu particular  mundo plástico sonoro, de atrevidas sucesións de formas, equilibrios e contorsións. O propio pintor expresou nalgunha ocasión: “ ...

Galego

Outubro Rosa

Bolboretas ao voo: exposición de manualidades solidarias 2019. Organiza Vanessa Zumaquero

É a segunda edición do proxecto Outubro Rosa   con motivo de visibilizar a loita contra o cancro de mama.

É unha exposición colectiva de manualidades solidarias con participación a nivel nacional.

Todos os traballos  serán entregados a pacientes activos con Cancro de Mama.

 

Galego

Exposición sobre Eduardo Gruber

'Eduardo Gruber. O salón dos espellos', comisariada por Miguel Fernández-Cid, ocupará as salas de exposición do primeiro andar do MARCO entre o 27 de setembro de 2019 e o 5 de xaneiro de 2020. Esta mostra reúne unha selección de obras recentes, debuxos e obra sobre papel, na que resulta central a presenza da palabra, do relato, da literatura.

Galego

Galaicos. Un pobo entre dous mundos

A través dun selecto elenco de obxectos arqueolóxicos procedentes de diferentes museos de Galicia e Asturias, ilustracións de gran calidade e impactantes fotografías, as persoas que visitan a mostra gozarán dun percorrido pola evolución que se produce en Galicia durante un longo período de 2.000 anos, desde os momentos finais da prehistoria ata a antigüidade tardía. 

A exposición, organizada pola Deputación de Pontevedra, pode verse no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra desde o 4 de outubro, ás 19 h en que se abre, ata o 2 de febreiro de 2020.

Horario de visita

Galego

Novela de campus

A novela de campus, tamén denominada como novela universitaria, novela académica ou novela da vida universitaria, é un xénero importado do mundo anglosaxón que se vén cultivando cada vez máis no noso país. Son novelas que narran todo o que ten lugar nun ambiente universitario (no campus da Universidade). Contan as historias dos seus habitantes, profesores ou estudantes, e todo o que ten que ver coa docencia ou a aprendizaxe.

Nesta mostra bibliográfica seleccionamos da colección da nosa biblioteca algunhas novelas cuxa trama principal desenvólvese na contorna universitaria.

Galego

Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) organiza esta exposición para conmemorar o Día do dano cerebral adquirido (26 de outubro)

Cedemos o vestíbulo a esta Federación para esta exposición e a acompañamos dunha mostra bibliográfica con fondos da biblioteca.

Ambas mostras poden visitarse no vestíbulo durante o horario de apertura da biblioteca.

Galego

Festival Internacional Galicreques

Coincidindo coa XXIV edición do Festival Internacional Galicreques 2019 en Santiago de Compostela cedemos o vestíbulo a Títeres Cachirulo para para mostrarnos monicreques e marionetas de varias obras fundamentais da literatura como El Quijote, Las 1001 noches...

Pode visitarse no vestíbulo durante o horario de apertura da biblioteca.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición