Xirarei: Deseño de cubertas no disco galego 1955/1995
Un repaso aos deseños dos estoxos e cubertas que acompañaron a música do país na fin do século XX, comisariado por Fausto Isorna. Segundo as súas palabras, "Esta non é, pois, unha historia da música galega, aínda que tamén o sexa, senón un percorrido polo traballo dos artistas, fotógrafos, deseñadores e ilustradores, galegos ou non, que trataron de reflectir graficamente o son que saía desas rodelas de plástico, na procura da cuadratura do círculo. Un percorrido por como nos vemos e como queremos que nos vexan, pola imaxe que queremos dar ao contar e ao cantar o que cantamos."

