Camiñando entre liñas
Esta actividade irá acompañada por un taller infantil con Laura Núñez o sábado 1 de febreiro ás 12:30 na sala multiusos do 2º andar.

Esta actividade irá acompañada por un taller infantil con Laura Núñez o sábado 1 de febreiro ás 12:30 na sala multiusos do 2º andar.
Exposición xurdida da actividade do laboratorio de arte contemporánea e xénero impartido por Iria Vázquez.
A exposición cos graffitis premiados e finalistas no programa Xuventude Crea 2019 que acollerá a Biblioteca Ánxel Casal de Santiago ata o 8 de febreiro.
Nesta edición os gañadores foron Miguel Aurelio Cajaraville (Baiona) pola súa obra Cor de corral; en segundo lugar, Margot Rodríguez Salvador (Pontedeume) con Leonesa con bengala; e en terceiro lugar, Fernanda Rodríguez Miguélez (A Coruña) con Camiñando entre nós. Tamén se concedeu unha mención de honra a Adrián Lomba Balea (Vigo) pola obra Octopoda grafitae.
Ademais da súa propia colección, a Biblioteca de Galicia custodia as coleccións formadas durante anos tanto por importantes persoeiros da cultura galega como por organizacións publicas e privadas comprometidas coa conservación do acervo cultural de Galicia.
Caosmos é unha aproximación á traxectoria do artista galego Antón Patiño (Monforte de Lemos, Lugo, 1957), centrada nunha escolma de pezas que abrangue distintas etapas do seu labor no eido das artes plásticas, desde a súa participación na fundación de Atlántica (referencia central para a arte galega nas últimas décadas) até a actualidade, pero tamén no ámbito da literatura e o pensamento, como autor de diversos libros de ensaio artístico e teoría da imaxe.
Francesc Torres (Barcelona, 1948) é amplamente recoñecido como uns dous referentes históricos dá instalación multimedia, membro dá primeira xeración de instaladores xurdida non contexto artístico norteamericano na primeira metade dous anos setenta. A súa experiencia vital e artística levoulle vivir a medio camiño entre Barcelona e Nova York, e nos últimos vinte anos estableceu un forte vínculo con Galicia, pasando varias tempadas na Costa da Morte.
O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, a iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), para lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural.
Conmemorámolo con esta selección de obras da Literatura infantil e xuvenil ilustradas por profesionais galegos e galegas.
Pode visitarse na sala infantil durante o horario de apertura da biblioteca.
Exposición organizada por AGAI (Asociación Galega de Amizade con Israel), e colaboración con: Asociación Cultural Euskadi-Israel e a Asociación Internacional B' Nai B' Rith. Unha exposición pedagóxica e informativa que, tenta explicar cales foron as causas culturais, sociais e políticas que levaron a un crecente antisemitismo en Europa, desencadeando o exterminio de seis millóns de xudeus durante o Holocausto.
Inauguración:
Martes, 14 de xaneiro ás 17:00 h.
Sala de exposicións da Biblioteca Pública de Lugo
Na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo pódese ver a exposición «Redución», de Felipe Romero Beltrán, VII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea 2019, ata o 31 de xaneiro de 2020. O Premio Galicia de Fotografía Contemporánea está organizado pola asociación Outono Fotográfico, conta co patrocinio da Xunta de Galicia e da Deputacioìn de Lugo.
Redución indaga os procedementos de arresto e sometemento policial en (corpos) indocumentados en Madrid.
As celas de homes da pranta baixa do Vello Cárcere acollen a exposición «Prontuario» de Vanessa Somoza Domínguez ata o 8 de marzo. A mostra é un prontuario que percorre parte da prolífica obra figurativa da artista lucense coñecida tamén polo seu forte compromiso social e reivindicativo que tamén traslada a estas obras onde vemos o maltrato sufrido polas clases populares e as nefastas consecuencias desta sociedade mercantilizada pero cun atisbo de esperanza, dando voz coas súas pinceladas as clases máis vulneradas, aos emigrantes, mulleres, nenos e nenas sen voz.