Nais e fillas. Dúas xeracións, un obxectivo
Esta exposición amosa mulleres de distintas xeracións, nais e fillas, unhas fronte ás outras, para dar conta dos cambios alentadores que se deron na nosa sociedade en favor delas.
Esta exposición amosa mulleres de distintas xeracións, nais e fillas, unhas fronte ás outras, para dar conta dos cambios alentadores que se deron na nosa sociedade en favor delas.
A árbore da vida está composta polas pezas escultóricas de Álvaro de la Vega que pertencen á súa propia colección.
Esta exposición forma parte da terceira parte do Ciclo Metrópole. Perspectiva humana da arte galega, que ten como obxectivo: facer unha viaxe ao pasado, ao Vigo dos anos vinte, cando se estreou na cidade a película de Fritz, Lang Metropolis.
Ademais, durante este ciclo de exposicións poderase visitar unha exposición bibliográfica que contén unha escolma publicacións de fotografía histórica nas que Galicia é a protagonista.
A exposición Mulheres comezou como un proxecto arredor das mulleres arrainas, da raia galego-portuguesa, da raia portuguesa-zamorá e da raia galego-berciá.O obxectivo e reflectir a fortaleza e o traballo destas mulleres que foron pais e nais cando os homes marcharon.
Viaxe polo mundo da máscara percorre está composta por unha serie de fotografías etnográficas arredor do mundo da máscara.
Co gallo da celebración do Día Mundial da poesía, dedicamos unha mostra ás poetas esquecidas da xeración do 27, coñecidas como Las Sinsombrero.
Nesta mostra recollemos algúns dos seus libros e poemas soltos.
Ademais, queremos convidarvos a conmemorar este día connosco achegándovos ao 2º andar da biblioteca o día 21 de 19 a 20 h para participar nun recital poético coa lectura dos vosos versos favoritos.
A mostra pode visitarse no 2º andar durante o horario de apertura da biblioteca.
Mostra sobre a pesca fluvial que reúne varias publicacións relacionadas con este deporte ademais dunha exposición de artigos para confeccionar moscas para a pesca fluvial, varias moscas artesanais, cañas...
Esta mostra acompaña tamén á conferencia e á exhibición de elaboración de moscas do día 14 de marzo.
Pode visitarse no 3º andar durante o horario de apertura da biblioteca.
No mes de marzo conmemoramos o mes das mulleres na biblioteca e queremos visibilizar o seu traballo e poñelo en coñecemento das nosas e nosos usuarios.
Recompilamos algunhas obras de banda deseñada realizadas por escritoras e ilustradoras.
Pódese visitar no 2º andar da biblioteca.
Exposición que presenta as figuras de catro grandes mulleres que marcaron o devir de Europa. Entre elas hai tres Premios Nobel e todas elas destacaron nas súas disciplinas ao máximo nivel:
* Literatura: Wisława Szymborska (1923-2012)
* Ciencia: Maria Skłodowska-Curie (1867-1934)
* Pacifismo: Irena Sendler (1910-2008)
* Relixión: Faustyna Kowalska (1905-1938)
A exposición pode visitarse no vestíbulo durante o horario de apertura da biblioteca.
Celebramos o 8 de marzo cunha selección de libros infantís feministas do noso centro de interese sobre Igualdade para saber máis de corresponsabilidade, de rebeldía e da loita doutras mulleres que nos precederon.
O título da mostra fai referencia ao poema de Olga Novo:
"...ben o sei ben sei eu todo / que para eu aprender este ladrido / á fin fixeron falla / mil mulleres lavando a reo no río de Saá / e mil arando e dúas mil cosendo e cinco mil / apañando cozas e garabullos no medio do monte..."
Esta exposición reúne os 24 pósters presentados,correspondentes a outras tantas educadoras (ou colectivos de educadoras) teóricas e/ou prácticas, de distintas xeografías e referidas a direrentes épocas históricas (con especial atención a Galiza e á Idade Contemporánea), ordenados pola data de nacemento das súas protagonistas. Cada grupo de estudantes da materia elixiu unha educadora relevante, do pasado ou do presente, sobre a que preparou libremente e realizou unha presentación na clase.
Exposición, iniciativa da Cátedra Tomás Pascual Sanz- CENIEH (Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana) coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), que mostra o labor de investigación solidario de mulleres cuxa vocación polo saber, entendido como produto humano para e pola humanidade, é o motor do seu traballo.