Carlos Puerta "Una vida entre viñetas"
Coloquio con Carlos Puerta o sábado 23 de novembro ás 12.30, na sala se usos múltiples no 2º andar.

Coloquio con Carlos Puerta o sábado 23 de novembro ás 12.30, na sala se usos múltiples no 2º andar.
'Galicia, un relato no mundo' explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo nun percorrido que nos leva desde a prehistoria ata a actualidade. Concibida como a primeira de tres grandes exposicións da Xunta con motivo do Xacobeo 2021, centrarase nas relacións internacionais de Galicia e a súa presenza no mundo.
No marco da exposición chegarán por vez primeira a Galicia destacadas pezas de alto valor simbólico para a historia e a cultura do noso país e que se atopan en prestixiosas coleccións museísticas en distintos recantos do mundo.
En colaboración coa Fundación Telefónica, a Sede Afundación Santiago de Compostela acollerá desde o mes de outubro as obras dalgúns dos principais nomes da fotografía contemporánea internacional: Marina Abramovic, Helena Almeida, Pierre Gonord, Vik Muñiz, Cindy Sherman, Zhang Huan ou Thomas Ruff, entre outros.
+Info
As intervencións artísticas na natureza marcan unha tendencia clave na arte contemporánea desde mediados do século XX ata a actualidade: a obra de arte máis aló do marco espacial do museo.
Neste eido da relación da arte co territorio, a Cidade da Cultura de Galicia quere darlle maior visibilidade á acción das mulleres creadoras e dálle continuidade cunha segunda edición ao ciclo 'Reb/veladas na paisaxe', que naceu o pasado ano coa pegada de perspectiva de xénero, ampla e rachando co excluínte, como sinal de identidade.
Como complemento ás actividades do Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas, mostramos unha pequena selección de libros de Química para celebrar o 150 aniversario da Táboa periódica.
No 1869, o profesor de química ruso Dmitri Ivánovich Mendeléyev publicou a súa primeira Táboa Periódica en Alemania. Un ano despois Julius Lothar Meyer33 publicou unha versión ampliada da táboa que creara no 1864, baseadas na periodicidade dos volumnes atómicos en función da masa atómica dos elementos.
Pódese visitar na sala infantil da biblioteca durante o horario de apertura.
A mostra Borranchos. Aproximación á obra de Valle-Inclán do artista Domingo Regueira continúa a colaboración entre o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal e a Fundación Eugenio Granell.
En colaboración co IV Encontro Internacional de cadernos de viaxe preséntase "Simplemente Santiago", debuxos de Joaquín González Dorao.
Tras máis de seis anos de traballo, o ilustrador gaditano, Joaquín González Dorao, presenta nesta mostra de orixinais unha recopilación de debuxos de Santiago: A Catedral, as igrexas, os parques, os peregrinos, os museos, os bares, a vida de rúa... un Santiago diferente e completo.
+info
Galicia, un relato no mundo explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo nunha viaxe que nos leva dende a prehistoria ata a actualidade. Concibida como a primeira das tres grandes exposicións da Xunta con motivo do Xacobeo 2021, centrarase nas relacións internacionais de Galicia e a súa presenza no mundo. No marco da exposición, pezas destacadas de alto valor simbólico para a historia e cultura do noso país chegarán por primeira vez a Galicia e atópanse en prestixiosas coleccións museísticas en diferentes recunchos do mundo.
"Fast Moving Cars” é o título da última exposición de Pablo Pérez Sanmartín que reúne traballos que abarcan desde 2008 ata a actualidade. A obra deste artista galego móvese nunha encrucillada entre deseño e arte, combinando a linguaxe inmediata e visual do primeiro cunha perspectiva poética e conceptual sobre a mocidade e as subculturas urbanas no contexto da sociedade de consumo.
Exposición Mulleres polo bo vivir organizada por EDUCO, ONG de cooperación global para desenvolvemento e acción humanitaria que actúa desde hace máis de 25 anos a favor da infancia e en defensa dos seus dereitos, en especial do dereito de recibir unha educación equitativa e de calidade.
Datas: 4 a 15 de novembro
Vídeo de presentación o xoves 7 de novembro no salón de actos da Biblioteca ás 19:00 h.