Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Antonio Fraguas, memoria dun soño. Viaxe a unha Galicia orgullosa de si mesma

Co gallo do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado ao investigador e profesor Antonio Fraguas Fraguas, a Xunta de Galicia, a Real Academia Galega, o Museo do Pobo Galego, a Fundación Antonio Fraguas Fraguas e o Consello da Cultura Galega, en colaboración coa CRTVG, deseñaron un amplo programa de actividades que abranguen iniciativas no eido literario, expositivo, deportivo, empresarial, musical e escénico, entre outros, dirixidas a todos os públicos, e que terán como acto central o propio Día das Letras, o vindeiro 17 de maio.

Galego

Día Internacional da Danza

A biblioteca únese á conmemoración do Día Internacional da Danza (29 de abril) cunha exposición sobre o mundo da danza a cargo de Dolores Fojón (Directora da Escola de Baile Lodanzas) na Sala Infantil.

 Exposición de vestiario e fotografías sobre o mundo da Danza. Bicentenario do coreógrafo Marius Petipa. Danza e Espiritualidade.

A exposición acompáñase dunha mostra bibliográfica con libros sobre o tema seleccionados entre os que forman a colección da biblioteca.

Galego

Día das Artes galegas: Luis Seoane

O Día das Artes Galegas é unha celebración instituída pola Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario o 31 de xullo de 2015. Conmemórase cada 1 de abril.

Cada ano dedicáselle o día a un/unha artista de Galicia. Este ano está dedicado a Luís Seoane López. Nado en Bos Aires o 1 de xuño de 1910 e finado na Coruña o 5 de abril de 1979, foi un editor, escritor, xornalista, gravador e pintor galego.

Galego

Bibliofilias da tribo

 A biblioteca está feita de comunidade. Por iso, queremos mostrar as recomendacións de libros que nos fan as nosas usuarias e usuarios nesta mostra colaborativa.

A mostra pode visitarse no 2º andar e noutros espazos da biblioteca ata o 31 de maio.

Galego

Debuxos en liberdade

A biblioteca cede o espazo para a exposición organizada pola Alliance Française de Santiago en colaboración con Courrier International e Institut Français.

O obxectivo desta exposición é a de suscitar o debate sobre a liberdade de expresión, a raíz do atentado contra o xornal satírico Charlie Hebdo en xaneiro de 2015.

A exposición está formada por 12 paneis de tiras cómicas realizadas por máis de 50 caricaturistas de todo o mundo. Cada panel está adicado a unha temática concreta da liberdade de opinión: censura, internet, dereitos das mulleres, clima, deporte...

Galego

350 anos da ofrenda do antigo Reino de Galicia a Xesús sacramentado

EXPOSICIÓN “350 ANOS DA OFRENDA DO ANTIGO REINO DE GALICIA A XESÚS SACRAMENTADO”

A mostra  realizase  con motivo de cumprirse neste 2019 os trescentos cincuenta anos do inicio do proceso que xerou a Ofrenda anual que seguen a facer en Lugo cada infraoitava do Corpus as cidades de A Coruña, Lugo, Ourense, Mondoñedo, Betanzos, Santiago e Tui, capitais do Antigo Reino de Galicia.

Galego

Meridiano 7,30º Oeste

O Museo Provincial de Lugo acolle a exposición de Pradero de fotografía documental.

Estas fotografías mostran a paisaxe e á vida das persoas da Mariña de Lugo, principalmente o sacrificio que supón o traballo no mar. A exposición está composta por treinta e cinco imaxes nas que se mostran as emocións vividas polo fotógrafo na mariña lucense.

Galego

O cotián revisado

Esta exposición ten como obxectivo reivindicar a importancia dos obxectos persoais, o noso contorno e os itinerarios habituais e que están ao servizo da memoria.

A artista Sesé Santiso é a autora desta exposición na que se inclúen máis de trinta obras, entre cerámica, pinturas, fotografía e madeira.

Galego

Cabodano do traballo editorial no Centro de Estudos Fotográficos

Ana Soler, Fran Herbello e Joan Fontcuberta son os encargados de seleccionar as imaxes dos libros que publicou o Centro de Estudos Fotográficos de Vigo durante 30 anos e compoñen esta mostra.

Manuel Cendón e Xosé Luís Suárez Canal son os comisarios desta mostra sobre a actividade editorial que tivo o CEF de Vigo (Centro de Estudos Fotográficos) que en 2016, despois de 30 anos durante os que editaron 44 libros, cesou este labor.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición