Renacer
Do 14 ao 30 de xaneiro, poderemos ver nos Codex Cinema – Caldiae
Factoría Cultural, a exposición “Renacer” da artista lucense Gema López, un conxunto de cadros descritos da seguinte maneira pola artista:

Do 14 ao 30 de xaneiro, poderemos ver nos Codex Cinema – Caldiae
Factoría Cultural, a exposición “Renacer” da artista lucense Gema López, un conxunto de cadros descritos da seguinte maneira pola artista:
Cincuenta obras de artistas novos dos centros: Colexio San Francisco, Colexio Sacra Familia, IES Armando Cotarelo, IES Bouza Brey e IES Miguel Ángel González Estévez.
Organiza: Fundación Galega Contra o Narcotráfico
Co gallo da celebración do Día do/a usuario/a das Bibliotecas, faremos públicos os nomes dos gañadores do concurso nas categorías de redacción e fotografía. Tamén inauguraremos unha pequena mostra coas propostas presentadas para que todo o mundo poida gozar delas.
Que mellor forma de comezar a celebrar este día que compartindo as fermosas despedidas dos/as nosos/as usuarios/as á "Antiga Biblioteca".
A mostra poderase visitar no segundo andar da Biblioteca ata o 10 de febreiro.
A mostra, que reúne obras do artista estadounidense Dan Mathews, a chilena Lupe Pinar e os galegos José Batallán e Manolo Martínez, xurde da investigación que articula a tese de Mata Piñeiro, que recolle os fundamentos do movemento literario coñecido como realismo sucio e a súa translación a outros campos da arte contemporánea.
A métrica do ilusionismo é unha viaxe introspectiva do autor, pero tamén un empeño por compartir as súas paisaxes e un xeito de entender o mundo.
Obras artesás e artísticas realizadas por alumnas da EMAO na última década coa certificación de estudos de Deseño e encaixe de Palillos da EMAO. Realizadas como proxectos de fin de estudos baixo a dirección de Marian Núñez -mestra desta disciplina na EMAO-, utilizando distintos materiais, técnicas, formas, funcionalidades e estéticas tradicionais e contemporáneas.
Durante a II República na Coruña realizáronse toda unha serie de proxectos urbanísticos dos que aínda hoxe somos herdeiros. A exposición realiza unha análise detallada deles apuntando os valores nos que estaban inspirados.
A mostra itinerante O Fin do Camiño, pode verse a partir do día 18 no Centro Comarcal da Ulloa de Palas de Rei. Unha exposición que ofrece unha visión da Ruta Xacobea dende a perspectiva da motivación de quen a percorre. Formada por dez paneis, pode visitarse en horario de 16:00 a 19:00 horas.
Exposición de doce pinturas que representan aos doce meses do ano e que pertencen á Catedral de Miranda do Douro (Portugal), unha rara alegoría pintada en Amberes por Pieter Balten.
Podedes gozar dela na Sala Polivalente do segundo andar da Biblioteca en horario de 17:00 ás 21.00 h. de luns a venres e de 10.00 a 14.00 h. os sábados.
A sala municipal José Ángel Valente inaugura na tarde do día 19 de decembro (20:00 horas) a exposición Retrospectiva, de Carmucha Vázquez Prats. A artista nacida en Pontevedra en 1934, residente en Ourense, presenta nesta mostra medio cento de obras que percorren a súa obra e resumen a súa vida pictórica. Muller adicada á pintura dende nena, é un exemplo de constancia, traballo e implicación artística. A súa primeira exposición foi nos anos 50, e desde aquela realizou continuas mostras a nivel nacional e internacional.