Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Gabriela Mar

Exposición da ilustradora uruguaia afincada en Vigo Gabriela Mar. Formada en arquitectura, belas artes e deseño gráfico, é ilustradora freelance e vén de lanzar unha liña de camisetas customizadas e láminas ilustradas. Traballa combinando o analóxico co dixital, coas técnicas de acuarela e lapis ao principio e capas en dixital despois. Fundamentalmente ilustra persoas e fai tamén croquis urbanos de rincóns que lle chaman a atención.

Galego

15 visións

15 visións: unha perspectiva de diferentes realidades desde o punto de vista da arte é unha exposición de fotografía que aborda a arte baixo o prisma de xénero. 15 mulleres vítimas de violencia de xénero versionan obras de arte moi populares, como La maja vestida de Goya ou a Gioconda de Leonardo da Vinci. 

A mostra forma parte da programación elaborada polo Concello de Carballo arredor do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Está organizada polo Centro de Información á Muller (CIM).

Galego

Viento y mar

O Museo Man de Camelle acolle a mostra colectiva Viento y Mar, una exposición de pintura, fotografía e outras obras artísticas de artistas baleares. Doralice Souza e Tomeu Canyellas son os artistas que asinan as obras, ás que hai que sumar unha mostra de abanicos de Al Vent.

Galego

Francisco Llorens

Francisco Lloréns foi un pintor galego, cunha obra que abarca paisaxe e retratos. A mostra - que forma parte da actividade da Ruta do Impresionismo das Mariñas - axuda a divulgar a obra deste pintor de comezos do século XX e o patrimonio cultural das Mariñas.

Galego

Micromedios lucenses

A Biblioteca Pública de Lugo súmase con esta exposición á celebración do Día Internacional do Patrimonio Mundial contribuíndo a dar visibilidade ao patrimonio bibliográfico de Lugo.

Esta exposición exprésanos o despertar dos impresos populares, que se produciu co cambio da dictadura a un estado constitucional democrático, que respectará os dereitos e liberdades da persoa, entre elas a liberdade de informar.

Galego

Non son xoguetes

Foto Acción Coruña, asociación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é a promoción da fotografía por medio da organización de actividades que axuden á súa difusión e coñecemento organiza a mostra de fotografía No son juguetes, destinada a concienciar sobre o abandono animal e o imprescindible papel das protectoras nas labores de acollida e rehabilitación dos cans abandonados

Do 1 ao 15 de decembro

Galego

Pezas e trazos

A Sala Eisenman da Cidade da Cultura acolle a exposición COGAMI: Pezas e trazos. Esta mostra ofrece unha escolma dos traballos levados a cabo por parte de 244 persoas con discapacidade física e/ou intelectual, realizados en centros e asociacións de diferentes zonas de Galicia no marco do programa EnREDarte.

Inclúe un total de 32 obras –20 pinturas, 11 fotografías e unha creación literaria– e está comisariada por Catuxa Pereira.

Galego

15ª Mostra de Arte Naturgy

A  Mostra é unha bienal de arte celebrada desde 1989 que reflicte como os artistas visuais actuais exploran as súas inquietudes e ideas a través das técnicas máis diversas, abundando nesta edición excelentes reflexións sobre o territorio. A exposición constrúese a partir dunha convocatoria que retou ao xurado para seleccionar 55 artistas e catro premios de entre as máis de 400 obras presentadas ao certame.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición