Crecer co mar. Os gozos e as sombras dunha vila mariñeira
A industria conserveira foi a actividade que definiu a configuración histórica de Bueu.
Na enseada de Bueu a explotación dos produtos do mar non sempre xogou un papel determinante.
Durante os primeiros séculos da nosa era desenvólvese aquí un centro industrial e portuario vinculado coa transformación de peixe e a produción e comercialización de ánforas.
Despois da caída do Imperio romano este núcleo de poboación abandona a franxa costeira. A recuperación plena da actividade pesqueira e a industria conserveira non se producirá ata o século XIX.

