Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Letras Galegas 2019

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Ata 2019, 59 autores (4 mulleres e 55 homes) foron homenaxeados nas 57 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).

Galego

Letreseo, Semana das Letras no Museo

Actividades especiais na Fundación Pública Camilo José Cela para centros escolares de infantil e primaria. Semana de portas abertas para tódolos públicos á Fundación.

O 15 e 16 de maio actuación musical para os centros educativos de Padrón de infantil e primaria realizada pola compañía Xarope Tulú que interpretará a súa peza ‘O Cardume’

Galego

Antonio Fraguas: historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista

Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista.

En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario.

Galego

12 Mundos: ilustradores de literatura checa contemporánea para nenos e nenas

12 Mundos: ilustradores de literatura checa contemporánea para nenos e nenas.  Exposición organizada polo Centro Checo de Madrid

Móstrase a obra de 12 ilustradores e ilustradoras checas de literatura infantil. Cada un deles representa unha forma de expresión propia. Entre os artistas exhibidos atópanse nomes como Galina Miklínová, David Böhm, Petr Niki, Jaromír Plachý, Lucie Dvoráková o a gran Kveta Pacovska, que conectan a ilustración clásica co cinema, a música, o teatro e a fotografía.

Galego

25 anos de Troita... Armada

A biblioteca cede o espazo para a exposición organizada pola Sociedade Cultural e Gastronómica "A Troita Armada" co gallo da celebración do seu 25 aniversario.

A Troita Armada é un proxecto de animación sociocultural cuxo obxectivo principal é "impor o protagonismo da sociedade civil nunha nova orde social gastronómica"

Pode visitarse no vestíbulo da biblioteca.

Galego

Día Internacional da Danza

A cargo de Dolores Fojón (Directora da Escola de Baile LODANZAS). Exposición de vestiario e fotografías sobre o mundo da Danza. Bicentenario do coreógrafo Marius Petipa. Danza e Espiritualidade. Acompaña á exposición unha mostra bibliográfica con obras que a biblioteca posúe sobre o tema.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición