Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Imaxe e palabra

A Asociación lucense de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual (Aspnais) presenta esta exposición co gallo do Cincuentenario da entidade.

Durante as celebracións do Cincuentenario arredor de douscentos lucenses visitaron as instalacións da entidade nas Arieiras e Rampa de Claudio López, conviviron cos usuarios de Aspnais, e difundiron as súas vivencias.

Galego

Ler no ceo, pintar o mundo: a ilustración na literatura infantil galega

Unha das datas destacadas do Calendario do Libro e da Lectura é o Día da Ilustración, que se celebra todos os anos o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao.

Neste día, ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, homenáxease a algún autor histórico galego. O protagonista deste ano é Federico Ribas Montenegro (1890-1952).

Na sala infantil presentamos unha selección de obras ilustradas por profesionais galegos e galegas.

Galego

Día da Ilustración

O Día da Ilustración, 30 de xaneiro, é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

Durante este mes de febreiro e acompañando a mostra da obra pictórica de Afonso Daniel Rodríguez Castelao, mostramos na sala de exposicións de Biblioteca Pública de Lugo:

12 mundos: ilustradores de literatura checa contemporánea para nenos.​

 

Galego

Trazos Maestros: debuxos holandeses e flamencos do Victoria and Albert Museum

Exposición composta por 90 obras dos séculos xvi ao XIX pertencentes á colección de debuxos holandeses e flamencos da Idade de Ouro do Victoria and Albert Museum.

Esta mostra coincidie coa conmemoración do 350 aniversario da morte de Rembrandt e do 450 aniversario da morte de Peeter Brueghel o Vello en 2019.

Galego

Os contos da Paz

Exposición que da a coñecer personaxes como Malala, Nasreen ou a bibliotecaria de Basora que contribuíron cos seus actos a facer un mundo mellor e estender a paz.

Programa para os máis pequenos:

Galego

Debuxando ao Alén

Exposición interactiva que mostra dous dos proxectos desta ilustradora recoñecida a nivel internacional: Otra vuelta de tuerca e Snowhite.

Ademais, presentarase unha nova proposta gráfica interactiva: Erthaland, Snowhite’s Mystery Tale. Os visitantes poderanse mergullar no primeiro capítulo deste conto e realizar unha visita virtual ao espazo no que transcorre a historia.

Galego

“A maxia das cores”

Para conmemorar o Día da ilustración 2019, presentamos a exposición "A maxia das cores", unha escolma de libros ilustrados infantís coa que faremos un percorrido polas obras dalgúns dos máis importantes ilustradores e ilustradoras do libro infantil.

 

Datas: Do 15 ao 30 de xaneiro

Lugar: Sala infantil

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición