Pacífico, unha viaxe aos confíns do home
Exposición fotográfica baseada na serie documental homónima na que Daniel Landa liderou unha expedición que partiu en maio do 2014 de Xapón e concluíu en Nova Zelandia en xuño de 2015 tras percorrer 18 países e máis de 20 illas.
Imaxina os lugares onde habitan as tribos máis primitivas do mundo, unha travesía que penetra nos ríos salvaxes de Papúa Nova Guinea, ou que ascende as montañas de Borneo, ou que che obriga a camiñar tres días baixo a choiva nas selvas de Laos.

