Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Mulheres e Viaxe polo mundo da máscara

A exposición Mulheres comezou como un proxecto arredor das mulleres arrainas, da raia galego-portuguesa, da raia portuguesa-zamorá e da raia galego-berciá.O obxectivo e reflectir a fortaleza e o traballo destas mulleres que foron pais e nais cando os homes marcharon.

Viaxe polo mundo da máscara percorre está composta por unha serie de fotografías etnográficas arredor do mundo da máscara.

Galego

Las Sinsombrero: as poetas esquecidas da xeración do 27

Co gallo da celebración do Día Mundial da poesía, dedicamos unha mostra ás poetas esquecidas da xeración do 27, coñecidas como Las Sinsombrero.

Nesta mostra recollemos algúns dos seus libros e poemas soltos.

Ademais, queremos convidarvos a conmemorar este día connosco achegándovos ao 2º andar da biblioteca o día 21 de 19 a 20 h para participar nun recital poético coa lectura dos vosos versos favoritos.

A mostra pode visitarse no 2º andar durante o horario de apertura da biblioteca.

Galego

Autoras de banda deseñada

No mes de marzo conmemoramos o mes das mulleres na biblioteca e queremos visibilizar o seu traballo e poñelo en coñecemento das nosas e nosos usuarios.

Recompilamos algunhas obras de banda deseñada realizadas por escritoras e ilustradoras.

Pódese visitar no 2º andar da biblioteca.

Galego

Polacas que han cambiado el mundo

Exposición que presenta as figuras de catro grandes mulleres que marcaron o devir de Europa. Entre elas hai tres Premios Nobel e todas elas destacaron nas súas disciplinas ao máximo nivel:

* Literatura: Wisława Szymborska (1923-2012)
* Ciencia: Maria Skłodowska-Curie (1867-1934)
* Pacifismo: Irena Sendler (1910-2008)
* Relixión: Faustyna Kowalska (1905-1938)

A exposición pode visitarse no vestíbulo durante o horario de apertura da biblioteca.

Galego

Querida mamá: estou aprendendo a ladrar

Celebramos o 8 de marzo cunha selección de libros infantís feministas do noso centro de interese sobre Igualdade para saber máis de corresponsabilidade, de rebeldía e da loita doutras mulleres que nos precederon.

O título da mostra fai referencia ao poema de Olga Novo:

"...ben o sei ben sei eu todo / que para eu aprender este ladrido / á fin fixeron falla / mil mulleres lavando a reo no río de Saá / e mil arando e dúas mil cosendo e cinco mil / apañando cozas e garabullos no medio do monte..." 

Galego

Educación en feminino: un paseo pola historia

Esta exposición reúne os 24 pósters presentados,correspondentes a outras tantas educadoras (ou colectivos de educadoras) teóricas e/ou prácticas, de distintas xeografías e referidas a direrentes épocas históricas (con especial atención a Galiza e á Idade Contemporánea), ordenados pola data de nacemento das súas protagonistas. Cada grupo de estudantes da materia elixiu unha educadora relevante, do pasado ou do presente, sobre a que preparou libremente e realizou unha presentación na clase.

Galego

Muller e Ciencia: 13 nomes para cambiar o mundo

Exposición, iniciativa da Cátedra Tomás Pascual Sanz- CENIEH (Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana) coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), que mostra o labor de investigación solidario de mulleres cuxa vocación polo saber, entendido como produto humano para e pola humanidade, é o motor do seu traballo. 
 

Galego

Cando a Candeloria chora...

Cando a Candeloria chora... a metade do inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar.

Cando a Candeloria chora a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro.
O día da Candelaria, si chora ou venta, inverno entra. E si non venta nin chora, inverno fóra.
Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola.

Galego

Tintín cumpre 90 anos

As aventuras de Tintín (Les Aventures de Tintin et Milou) é unha das máis influíntes series europeas de historietas do século XX. Creada polo autor belga Georges Remi (Hergé), e característica do estilo gráfico e narrativo coñecido como "liña clara", está constituida por un total de 24 álbumes, o primeiro deles publicouse no 1929 e o penúltimo no 1976.

Recordamos esta serie no 90 aniversario do seu nacemento.

Na zona do fondo local da biblioteca (andar baixo)

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición