Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Wanderlust Galicia-Baviera

A mostra, comisionada por Anton Sobral Iglesias e Hubert Huber, reúne a 33 artistas galegos e bávaros con propostas visuais que abordan a pintura, a escultura, a fotografía ou as instalacións. Unha variedade de propostas artísticas que ofrecen unha ampla imaxe de realidades figurativas e abstractas.

Esta cita é o resultado da colaboración entre o Museo do Pobo Galego, que abre as súas portas como espazo expositivo, e a Consellería de Cultura e Turismo e o Parlamento de Galicia, patrocinadores da mostra.

Galego

Día das escritoras 2018

O próximo 15 de outubro celébrase, por terceiro ano consecutivo, o Día das Escritoras. Un acto de homenaxe, promovido pola Biblioteca Nacional de España (BNE), a Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas (CyM), concibido para lembrar o legado cultural das escritoras do ámbito hispánico e hispanoamericano e as dificultades que no pasado impediron un xusto desenvolvemento e recoñecemento ao seu labor.

Galego

Biblioteca en igualdade

Rachando cos estereotipos en favor dos dereitos da rapazada, para o que se propón repensarnos co estímulo da igualdade.
Unha biblioteca que é un espazo para a diversidade, feita de historias subversivas e inclusivas.

Na sala infantil, pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.

Galego

Castelao maxistral

Castelao maxistral é unha homenaxe a Castelao e aos protagonistas do ensino público no primeiro terzo do século XIX. A obra icónica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao A derradeira leición do mestre será o eixo central da exposición da Cidade da Cultura de Galicia, xunto con outras 92 pezas. O óleo foi pintado en Buenos Aires por Castelao en lembranza do seu amigo e intelectual Alexandre Bóveda, fusilado o 17 de agosto de 1936. Ata o de agora nunca tiña saído do Centro Galicia da capital arxentina.

Galego

Perencontro

Exposición que conta cos artistas invitados María Xerez, Mårten Spångberg, Silvia Zayas e Josu Bilbao.

Nesta exposición Alejandra Pombo define o evento estético como un modo de encontro.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición