Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Ver e tocar

Na exposición poderán verse e tocarse diversos contidos procedentes do Museo Tiflolóxico da ONCE: maquetas, material tiflolóxico de diversas épocas, e obras (pinturas e esculturas) realizadas por artistas discapacitados visuais graves.

Galego

Esa muller

A exposición Esa muller, de Mar Ramón Soriano, forma parte do proxecto apoiado pola axuda Injuve para a Creación Joven 2017-2018. Está comisariada por Eduardo Valiña e permanecerá aberta ata o 8 de abril. 

Galego

Jorge Castillo. La visión de una obra

Jorge Castillo é unha das figuras da pintura europea da segunda metade do século XX. Nesta exposición faise un repaso pola súa vida e obra creativa: a súa vena poética, as diferentes cidades nas que viviu ao longo da súa vida e os seus principios éticos, que teñen unha importante influencia en toda a súa obra.

A maior parte da súa obra céntrase no debuxo, pero tamén traballa pintura, ilustración, gravado, escenografía e cine.

A mostra está comisariada por Pilar Corredoira.

Galego

O mundo das árbores

Está composta por 20 fotografías das árbores máis importantes e raras da Península Ibérica, centrándose nas especies autóctonas de Galicia.

Ademais, os máis pequenos poderán desfrutar nun obradoiro onde lles ensinarán o proceso de crecemento dunha árbore e poderán facer un debuxo dos bosques galegos que logo formará parte desta exposición.

Galego

Salvador Dalí, contador de historias

Esta exposición está composta por 72 gravados e estampas que pertencen aos denominados Ciclos literarios de Dalí, no que o artista fixo una interpretación de obras da literatura universal.

As series máis destacadas son:

Les songes drolatiques de Pantagruel, 1973
Nesta serie, Dalí recrea as ilustracións que François Desprez realizou sobre o Pantagruel de François Rabelais.

Le bestiaire de La Fontaine dalinisé, 1974
Está composta por doce fábulas.

Galego

Expofoto

Neste gran espectáculo fotográfico haberá relatorios presenciais e proxeccións audiovisuais amenas e dinámicas de alta calidade artística e técnica do mestre José Benito Ruiz, o gañador do Goya Jonathan Hevia, Edu Pereira, Cristina Abilleira, Enfoque Nocturno, LEX, Tonete López, David Martínez Lombardía e a presenza especial de Javier Sancho Boils e Amparo Muñoz.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición