Estuches de paradojas
O Pazo de Tor acolle unha exposición na que artistas da Banda de Arte Contemporánea crean obras de arte no interior dos estoxos de instrumentos musicais. A mostra contará ademáis con actividades educativas.

O Pazo de Tor acolle unha exposición na que artistas da Banda de Arte Contemporánea crean obras de arte no interior dos estoxos de instrumentos musicais. A mostra contará ademáis con actividades educativas.
A Sede Afundación de Vigo acolle a exposición das obras dos socios e socias participantes no obradoiro de debuxo e pintura dirixido pola profesora María Soliño.
Nesta exposición hai máis de vinte obras de distintas técnicas, todas amosando o esforzo do alumnado por dominar os conceptos aprendidos.
O Concello de Bueu organiza a Semana da Música entre o 18 e o 24 de xuño. As actividades arrancan o luns, 18 de xuño, coa inauguración da exposición Bandas de Pontevedra. Homenaxe ás bandas da provincia, que se pode ver ata o 2 de xullo no primeiro andar da Praza de Abastos.
O escultor galego Xosé Manuel Castro expón máis de oitenta esculturas de distintos formatos e materiais e unha obra en madeira feita para este proxecto. Todas as pezas estarán acompañadas por fotografías e documentacións.
Esta exposición, comisariada por Rubén Martínez Alonso, fai unha viaxe ao pasado, ao Vigo dos anos 20 e ao mesmo tempo ofrece unha visión do panorama artístico galego actual.
A Biblioteca Pública de Lugo quere apoiar o Obxectivo 10 Redución das desigualdades da Axenda 2030 da ONU para o desenvolvemento sostible.
A Biblioteca, como espazo neutral e agradable, promove este obxetivo e comprométese co Día Mundial dos Refuxiados 2018 (20 de xuño) cunha exposición documental.
1.Permite o acceso a información e ao aprendizaxe para todas/os.
2.Acceso equitativo a información que promove a inclusión social, política e económica.
A maioría de retratos son de homes e todos aparecen cunha letra W coa que tratan de protexerse, Estas imaxes reflicten o control que se exerce sobre o individuo nas redes sociais.
Naturnova súmase ás celebracións do Día Mundial do Medio Ambiente abrindo as súas portas para que se poda coñecer o fondo da ría en submarino, o segredo dos planetas ou o funcionamento das enerxías renovables.
Do mesmo xeito que un músico elabora a partitura dunha melodía para logo executala, hai cineastas que bosquexaron os seus propios medios de notación para faceren as súas películas: desde esquemas preparatorios ou diagramas que serven como ferramentas para a rodaxe, ata anotacións feitas in situ ou expresións gráficas que serven para analizar e desagregar o filmado. Esta exposición reúne unha serie de películas concibidas sobre o papel e pensadas desde unha idea de estrutura precisa, que percorreremos a través das súas partituras.
Antón Castro presenta este estudo sobre a estancia e formación de Pablo Picasso na Coruña. Esta etapa, en moitas ocasións esquecida, supón o nacemento e asentamento das iconografías e mitoloxías que perseguirán ao artista ata o final da súa vida e destaca por unha perfección do debuxo que marcará as pautas do realismo presente nas etapas azul e rosa.
Antón Castro é un catedrático, Doutor en Historia da arte e profesor en diferentes másteres e cursos universitarios. Foi colaborador en revistas culturais e dirixiu máis de sesenta exposicións nacionais e internacionais.
O CGAC está de aniversario e celebra os seus 25 anos cunha exposición que subliña a función transformadora do museo como institución cultural.
Comisariada por Santiago Olmo, a exposición Colección CGAC 25 subliña a función transformadora do CGAC como unha institución cultural que integra a función de museo no que respecta a súa colección e arquivo, a de centro de arte que innova con exposicións temporais, e finalmente como unha arquitectura referente de modernidade e actualización internacional para Galicia.