Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Paisaxes e personaxes: exposición Letras Galegas 2018

Paisaxes e personaxes é a exposición itinerante promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística, e mais do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, para homenaxear a María Vitoria Moreno, autora á quen se dedica o Día das Letras Galegas 2018

Galego

De Mar a Mar. O Camiño de Santiago en 3D

Mostra de fotografía en tres dimensións, con pezas espectaculares e de grande formato, realizadas coa técnica estereográfica.

O título desta mostra, fai referencia a ese mar das rutas atlánticas co que principia a exposición, ao mar das costas lusitana e galega, tan ligado aos camiños portugueses de peregrinación a Santiago, para rematar, unha vez se chega a Compostela, no océano aberto da Costa da Morte, final físico e simbólico do camiño a Fisterra e Muxía.

Galego

De Picasso a Kapoor

A exposición inclúe obras de Pablo Ruíz Picasso, Joan Miró, Marc Chagall, Salvador Dalí, Rafael Canogar, Luis Feito, Antoni Tápies, Eduardo Chillida, Antonio Saura, Manolo Valdés, Miguel Berrocal, José Guerrero, Eduardo Arrollo, Richard Serra, Joseph Beuys, Jannis kounellis, Arnulf Rainer, Pierre Alechinsky, Karel Appel, Victor Vasarely, Roy Lichtenstein, Robert Rauschenberg, Sol Lewitt, Andy Warholl, Miquel Barceló, José María Sicilia, Luis Gordillo, Jaume Plensa, Damien Hirst, Spencer, Tunick, Takshi Murakami, Paul MacCarthy, Yoshitomo Nara e Anish Kapoor.

Galego

Vestixios

Vestixios representa o rastro do pasado habitado de diferentes casas abandonadas. Constrúese mediante imaxes nas que as protagonistas son entes en movemento procedentes dun mundo onírico. Estas figuras, borrosas polo paso do tempo, falannos dos seus antigos habitantes e da súa transformación en lembranzas encerradas nas ruinas do presente.

Galego

FTloE (una visión de Beckett)

Urza é un escultor con máis de trinta anos de traxectoria no circuíto galerístico. A súa obra está presente en museos, entidades e conta con varios recoñecementos institucionais. 

FTloE (una visión de Beckett) pretende ser un relato pictórico que amosa a súa particular visión do relato de Samuel Beckett Fóra todo o estraño, que considera a metáfora perfecta da angustia intrínseca á sociedade contemporánea, un sistema onde o diferente non acaba de encaixar. 

Galego

Pioneiras galegas que abriron camiño

Pioneiras galegas que abriron camiño é un álbum de biografías ilustradas que publica Xerais e que lembra e homenaxea a distintas mulleres que destacaron durante a historia en campos tradicionalmente adicados a os homes.

O alumnado do Máster de Ilustración verá representado o seu traballo na MI (Master Ilustra), na que poderán verse máis de 20 retratos de mulleres escritoras e protagonistas de contos. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición