Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Vestixios

Vestixios representa o rastro do pasado habitado de diferentes casas abandonadas. Constrúese mediante imaxes nas que as protagonistas son entes en movemento procedentes dun mundo onírico. Estas figuras, borrosas polo paso do tempo, falannos dos seus antigos habitantes e da súa transformación en lembranzas encerradas nas ruinas do presente.

Galego

FTloE (una visión de Beckett)

Urza é un escultor con máis de trinta anos de traxectoria no circuíto galerístico. A súa obra está presente en museos, entidades e conta con varios recoñecementos institucionais. 

FTloE (una visión de Beckett) pretende ser un relato pictórico que amosa a súa particular visión do relato de Samuel Beckett Fóra todo o estraño, que considera a metáfora perfecta da angustia intrínseca á sociedade contemporánea, un sistema onde o diferente non acaba de encaixar. 

Galego

Pioneiras galegas que abriron camiño

Pioneiras galegas que abriron camiño é un álbum de biografías ilustradas que publica Xerais e que lembra e homenaxea a distintas mulleres que destacaron durante a historia en campos tradicionalmente adicados a os homes.

O alumnado do Máster de Ilustración verá representado o seu traballo na MI (Master Ilustra), na que poderán verse máis de 20 retratos de mulleres escritoras e protagonistas de contos. 

Galego

Keren Tá Merced

Keren Tá Merced é unha fermosa iniciativa do país azteca. No contexto do barrio de La Merced, cun dos mercados máis grandes do país, persoal do mercado creou un centro cultural no que impúlsase a lectura entre os fillos dos propios comerciantes, con escaseza de medios, pero con grande amor pola labor que exercen. 

Galego

68 voces

68 voces é unha mostra sobre a variedade lingüística e a tradición oral de México, na que os asistentes poderán disfrutar de 68 voces que representarán as máis de 300 variedades lingüísticas que existen en México, mediante a narración de contos o historias tradicionais.

Gabriela Vadillo, a creadora deste proxecto, pretende recuperar así a memoria oral das distintas rexións do país, reinvindicar a diversidade como riqueza e o orgullo de pertencer a unha comunidade.

 

Galego

Corpoética

Corpoética é unha mostra de poesía verbal, visual, obxectual, corporal, postal e audiovisual. O comisario da mostra é o seu autor, Claudio Rodríguez Fer. 

Galego

Alejandro de la Sota Pontevedra 1913 – Madrid 1996. Construírse / Construír

Na primeira parte da exposición móstrase como o arquitecto se constrúe a el mesmo e na segunda como constrúe para outros.

Na segunda parte poderanse coñecer os seus proxectos máis importantes e significativos a través dos fondos custodiados pola súa Fundación. Destacan as obras Pueblo de Esquivel, en Sevilla (1952-63), o edificio de Correos de León (1981-84), o Goberno Civil de Tarragona (1957-62) e a central leiteira Clesa (1958-61), entre outros. Tamén se fará fincapé nas súas obras pontevedresas, a Casa Domínguez na Caeira (1973-78) e o Pavillón dos Deportes.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición