O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.
Este ano a persoa homenaxeada é a escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005) por decisión da RAG o 17 de xuño de 2017.
Na sala infantil conmemoramos esta data con dúas mostras:
17 de Maio, Día das Letras Galegas