Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Desenterrar o pasado

O Vello Cárcere recrea os últimos 30 anos de excavacións arqueolóxicas en Lugo coa exposición Desenterrar o pasado: un percorrido pola arqueoloxía de Lugo, que pon o broche de ouro ao ciclo de conferencias, que baixo o mesmo título que a mostra, serviu para pór en valor o rico patrimonio arqueolóxico da cidade e a súa importancia dende o punto de vista histórico, a través de distintas xornadas, nas que participaron unhas 650 persoas. 

Galego

Coplas de cego. José Solla

Coplas de cego. José Solla é a exposición que compila a traxectoria deste artista marinense que desenvolve a súa pintura entre Bueu e Mar del Plata.

Máis de corenta anos despois de acadar o primeiro premio na II Bienal Internacional de Arte da Deputación de Pontevedra en 1976, esa mesma institución, a través do Museo de Pontevedra, acolle unha gran exposición que reflicte boa parte do que foi a súa longa traxectoria no mundo da arte, formulada sempre entre dous espazos físicos, pero tamén sentimentais e sensoriais.

Galego

Dos expresiones

Afundación, a Obra Social de Abanca, albergará na súa sede da Coruña a exposición Dúas expresións, da pintora  Novais e o escultor Antonio Souto.

Natural da Coruña, Novais formouse na Escola Pablo Picasso e tamén ten coñecementos en arquitectura de interiores, gravado, litografía, xilografía e talleres de arte. Como pintora realizou exposicións en diferentes cidades españolas, ademais de París, América do Norte ou Portugal.

Galego

Ano Europeo de Patrimonio Cultural 2018

Co gallo  do 550 aniversario da morte de Johannes Gutenberg (1468-2018), a Biblioteca Pública de Lugo prepara unha exposición da evolución da historia dos libros a través dos seus fondos. Gutenberg foi o inventor da impresión con tipos móbiles en Europa. Coa súa achega fixo posible a multiplicación mecánica dos textos, así como o progreso do coñecemento e abriu un mundo novo de comunicación. Farase unha viaxe, partindo do libro manuscrito, pasando polos incunables e chegando finalmente aos libros impresos.

Galego

Metrópole

O ciclo Metrópole. Perspectiva urbana da arte galega intenta unir a viaxe no tempo, percorrendo o Vigo dos anos vinte, e ofrecer unha visión do panorama artístico galego actual, para o que contará cunha serie de exposicións individuais de artistas galegos (da que a primeira será a de Xosé Manuel Castro, con Pedra filosofal). 

Galego

En construción

Comisariada por Santiago Olmo, a exposición propón un acercamento á idea de construción a partir da obra de artistas moi dispares que non obstante comparten un interese pola análise e as metodoloxías propias da construción. 

As estreitas relacións entre arte e arquitectura ao longo do século XX converteron a idea de construción nunha clave imprescindible para comprender a nosa relación co espazo, a paisaxe e a casa, pero sobre todo coa vivencia práctica do obxecto artístico. 

Galego

Graciela Iturbide

A Fundación Barrié presenta na súa sede da Coruña a exposición da artista mexicana Graciela Iturbide, considerada como unha das fotógrafas máis influentes de América do Sur. A mostra, composta por 186 fotografías, propón unha viaxe transversal pola obra de Graciela Iturbide que, partindo das súas imaxes máis antigas, chega ata a súa obra máis recente. Sen atender a unha estrita orde cronolóxica, os seus proxectos máis representativos quedan ligados a aquelas temáticas que mellor definen o seu poderoso imaxinario creativo.
 

Galego

A arte lumínica de Luisa Álvarez

A Casa das Peritas, estudio de arte e galería ocasional da artista moldava Natasha Lelenco, abrirá portas de novo este verán cunha proposta expositiva que combinará o traballo pictórico da promotora do espazo xunto cunha selección de obras dunha artista convidada, que nesta ocasión é Luisa Álvarez, artista de orixe ourensana afincada en Madrid que emprega a luz como canle de comunicación e elemento plástico. Tanto en proxectos individuais como exposicións colectivas, a súa obra foi exposta en espazos como La Neomudejar, El Matadero (Madrid), ou o Museo Guggenheim de Nova Iorke.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición