Día das escritoras 2018
O próximo 15 de outubro celébrase, por terceiro ano consecutivo, o Día das Escritoras. Un acto de homenaxe, promovido pola Biblioteca Nacional de España (BNE), a Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas (CyM), concibido para lembrar o legado cultural das escritoras do ámbito hispánico e hispanoamericano e as dificultades que no pasado impediron un xusto desenvolvemento e recoñecemento ao seu labor.

