Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

En construción

As estreitas relacións entre arte e arquitectura ao longo do século XX converteron a idea de construción nunha clave imprescindible para comprender a nosa relación co espazo, a paisaxe e a casa, pero sobre todo coa vivencia práctica do obxecto artístico.

O propio acto creativo xorde do que podemos definir como un impulso construtivo. A idea de construción vincúlase á arquitectura, pero tamén moi estreitamente á escultura, á pintura e ao debuxo así como a unha certa concepción do obxecto como deseño e moi particularmente á instalación.

Galego

Historietas del tebeo. 1917 - 1977

Historietas do cómic é unha exposición que revisa a historia dos cómics españois aparecidos entre 1917 e 1977, e tamén o concepto de cómic como xénero literario: o seu formato, os seus trazos identificativos...

A mostra reúne publicacións e debuxos orixinais que se presentan en dous percorridos: un cronolóxico e outro onde, por temas, descóbrense personaxes tan míticos como Capitán Trueno, Zipi e Zape, a Familia Ulises ou Mortadelo e Filemón e aos seus creadores. 

Galego

Variacións ao redor do mar

Variacións ao redor do mar é unha exposición sobre a obra da cineasta francesa Agnès Varda, nada en 1928.

É considerada por algúns críticos de cinema a avoa do Nouvelle Vague e unha das pioneiras do cinema feito por mulleres e do cinema feminista. As súas obras gardan un carácter realista e social, ademais dun estilo experimental distintivo.

Galego

Fasquías

Enmarcada nas actividades do Ano do Patrimonio, o Museo do Mar de Marín acolle a exposición Fasquías. Embarcacións tradicionais a escala. A mostra conta con 18 maquetas de barcos que reproducen embarcacións tradicionais galegas.

A exposición é completada por unha guía, Que embarcación é? Guía de embarcacións tradicionais de Galicia, editada pola Deputación de Pontevedra, Culturmar e A Citania, que axuda a comprender como son as embarcacións tradicionais e dá a coñecer un glosario mínimo sobre as mesmas. 

Galego

Percorrido polos tesouriños da colección numismática do MPLugo

A numismática é a ciencia que estuda as moedas e medallas. Deriva da palabra latina numisma, moeda.

Esta exposición é parte do programa de investigación do Departamento de Arqueoloxía e Historia do Museo Provincial de Lugo, relacionado coa colección de numismática.

Os tesouriños expostos forman conxuntos de diversas cronoloxías e épocas históricas, e son unha gran fonte de información sociocultural, económica, antropolóxica, histórica, política, relixiosa, artística etc.

Galego

Son unha raiña, son un rei: a ruptura de estereotipos nos contos infantís

A nosa selección de libros da sala infantil para este verán vai sobre princesas e príncipes que rompen os estereotipos predominantes fomentando o pensamento crítico e reflexionando sobre os modelos de xénero, convertíndose así en raíñas e reis e rematando dunha vez co conto de sempre.

Na sala infantil, pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.

Galego

A volta ao mundo en 80 libros

Mostra bibliográfica composta por libros de viaxes, un xénero literario que constrúe a nosa paisaxe interior partindo da descrición precisa e apaixonada da paisaxe exterior. Viaxar a través dos libros é unha experiencia preparatoria e complementaria das nosas viaxes reais, ao permitir descubrir, estimular o noso interese e proporcionar outras miradas acerca dos innumerables e recónditos lugares que compoñen o mundo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición