Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Lingua e cultura checas

Mostra que complementa á exposición 12 mundos: ilustradores de literatura checa contemporánea para niños que está no vestíbulo da biblioteca do 18 de maio ao 2 de xuño.

A exposición está organizada polo Centro Checo de Madrid para conmemorar os 30 anos de lingua e cultura checas no Instituto de Idiomas da Universidade de Santiago de Compostela que, na actualidade, é o Centro de Linguas Modernas da USC.

No 2º andar da biblioteca.

Galego

Día das Letras Galegas 2018

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Este ano a persoa homenaxeada é a escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005) por decisión da RAG o 17 de xuño de 2017. 

Na sala infantil conmemoramos esta data con dúas mostras:

17 de Maio, Día das Letras Galegas 

Galego

12 mundos: ilustradores de literatura checa contemporánea para nenos

A biblioteca cede o espazo ao Centro Checo de Madrid para mostrar a obra de 12 ilustradores e ilustradoras checas de literatura infantil. Cada un deles representa unha forma de expresión propia manifestada en numerosas publicacións que mostran o amplo recoñecemento que obtiveron por parte da crítica e dos lectores.

 

Esta exposición enmárcase na celebración dos 30 anos de lingua e cultura checas no Instituto de Idiomas da Universidade de Santiago de Compostela que, na actualidade, é o Centro de Linguas Modernas da USC.

 

Galego

Paisaxes e personaxes: exposición Letras Galegas 2018

Paisaxes e personaxes é a exposición itinerante promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística, e mais do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, para homenaxear a María Vitoria Moreno, autora á quen se dedica o Día das Letras Galegas 2018

Galego

De Mar a Mar. O Camiño de Santiago en 3D

Mostra de fotografía en tres dimensións, con pezas espectaculares e de grande formato, realizadas coa técnica estereográfica.

O título desta mostra, fai referencia a ese mar das rutas atlánticas co que principia a exposición, ao mar das costas lusitana e galega, tan ligado aos camiños portugueses de peregrinación a Santiago, para rematar, unha vez se chega a Compostela, no océano aberto da Costa da Morte, final físico e simbólico do camiño a Fisterra e Muxía.

Galego

De Picasso a Kapoor

A exposición inclúe obras de Pablo Ruíz Picasso, Joan Miró, Marc Chagall, Salvador Dalí, Rafael Canogar, Luis Feito, Antoni Tápies, Eduardo Chillida, Antonio Saura, Manolo Valdés, Miguel Berrocal, José Guerrero, Eduardo Arrollo, Richard Serra, Joseph Beuys, Jannis kounellis, Arnulf Rainer, Pierre Alechinsky, Karel Appel, Victor Vasarely, Roy Lichtenstein, Robert Rauschenberg, Sol Lewitt, Andy Warholl, Miquel Barceló, José María Sicilia, Luis Gordillo, Jaume Plensa, Damien Hirst, Spencer, Tunick, Takshi Murakami, Paul MacCarthy, Yoshitomo Nara e Anish Kapoor.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición