Marionetas, monicreques e máscaras de Iberoamérica
Coincidindo coa XXIII edición do Festival Internacional Galicreques 2018 en Santiago de Compostela, a biblioteca cede o espazo a Títeres Cachirulo para presentar unha mostra que inclúe pezas de países como Arxentina, México, Perú, Brasil ou España.
Fan un percorrido pola súa traxectoria, os principais estilos de construción, a difusión cultural entre as súas xentes, a influencia da mitoloxía, etc., a través dos personaxes e elementos de atrezzo dalgúns dos espectáculos máis representativos.
A exposición pode visitarse no vestíbulo da biblioteca.