Rosalía de Castro (1837-1885)
MOSTRA BIBLIOGRÁFICA
Celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro o 24 de febreiro de 1837
Do 15 ao 28 de febreiro, non vestíbulo dá biblioteca
Entrada libre

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA
Celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro o 24 de febreiro de 1837
Do 15 ao 28 de febreiro, non vestíbulo dá biblioteca
Entrada libre
Exposición das 30 ilustracións orixinais a cor do libro Origen de Compostela. La Leyenda, de Manuel Rajal Fernández. Trata a lenda da Raíña Lupa, figura relevante na tradición Xacobea, ligada á chegada do apóstolo Santiago a Galicia e o seu asentamento na futura Compostela (Libro III do Códice Calixtino). Fai referencia á orixe iniciática do Camiño de Santiago.
Mostra bibliotgráfica con motivo do Día da ilustración con algúns dos traballos de Marta Álvarez, Almudena Aparicio, Minia Regos e Kristina Sabaite.
Esta exposición está composta por reproducións pictóricas do santuario de Santa Eulalia de Bóveda.
Ademais, inclúe documentación antiga do monumento e diferentes materiais arqueolóxicos conservados nas zonas de reserva do Museo Provincial de Lugo: fragmentos de estucos, cerámica, etc.
Durante a duración da exposición tamén se organizarán charlas e debates sobre a mesma.
Esta exposición é froito das aportacións de 16 fotógrafos e 31 escritores, no decurso das visitas efectuadas aos talleres da Asociación provincial de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual.
Estas fotografías, cos textos que as acompañan, formaron parte da exposición ASPNAIS, 50 ANOS, que se abriu ao público na sala de arte da Deputación Provincial de Lugo.
Na exposición figuran dúas obras de cada un dos seguintes fotógrafos lucenses:
O austríaco Markus Muntean e o israelí Adi Rosemblum forman parella artística desde 1992. A súa obra foi mostrada en diferentes salas, entre as que destacan a TATE Britain de Londres, e algúns dos seus traballos atópanse nalgunhas das coleccións máis importantes de arte, como a do Museo de Arte Moderna de Nova York. No ano 2001 recibiron o prestixioso Premio Cidade de Viena de Artes Visuais.
Trátase dun itinerario gráfico, audiovisual e performativo no que diferentes supersticións, rituais e tradicións relacionadas con Galicia son interpretadas de novo.
Igaciencia (Institución Galega de Ciencia), co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Concello da Coruña, ten como obxectivo fundamental da exposición ilustrar e profundar no diálogo entre ciencia, matemáticas, tecnoloxía, arte e vida. Para explorar esa interacción dinámica selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo, iniciando a viaxe na arte castrexa e rematándoa con obras de arte dixital recentemente expostas en congresos internacionais.
Unha das datas destacadas do Calendario do Libro e da Lectura 2018 é o Día da Ilustración, que se celebra todos os anos o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao.
Como se vén facendo desde o ano pasado, este día, ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, serve para homenaxear algún autor ou autora históricos galegos. O protagonista deste ano é Camilo Díaz Baliño.
Na sala infantil conmemoramos este día cunha mostra de contos ilustrados editados en Galicia.
Celebramos o Día da Ilustración e tamén o aniversario do nacemento do máis célebre dos ilustradores galegos: Castelao.
Na sala de exposicións da biblioteca.
Castelao e Díaz Baliño ilustradores: guía de lectura