Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Anxo Lamas

Exposición de obras en madeira de Anxo Lamas.

Sala de exposicións do 8 ao 21 de maio.

A mostra está composta por 42 obras, do total de 64, cedidas polo artista á Asociacion Xermolos e Irmandade Manuel María, para que no seu día poidan ser expostas permanentemente na futura Casa Museo do escritor Xosé María Díaz Castro. Cada unha das táboas está dedicada a un escritor chairego, como homenaxe de Anxo Lamas á creación literaria chairega.

Galego

Campaña "En familia, por dereito". Proxecto de acollemento familiar

A biblioteca cede o espazo á Cruz Vermella que, con motivo deste día, sairá á rúa para visibilizar e difundir o seu labor.

No salón de actos e no vestíbulo presentan cunha exposición o programa Familias acolledoras.

O programa do Día da Cruz Vermella complétase cunha sesión de contacontos ás 18:00  h e unha charla para adultos sobre o acollemento familiar ás 18:30 h no salón de actos. Os nenos e nenas poderán quedar durante a charla co persoal da Cruz Vermella facendo manualidades na sala infantil.

Galego

Exposición de papiroflexia

Con motivo da XX Convención Internacional de Papiroflexia, o grupo galego da Asociación Española de Papiroflexia (AEP) expón parte dos seus fondos.

Nesta exposición amósanse figuras de papel de diferentes tamaños, composicións e complexidades elaboradas por expertos pregadores.

Pode visitarse no vestíbulo.

Galego

Os mundos de Carlos Casares

Paneis explicativos, materiais audiovisuais, obxectos persoais, imaxes inéditas e documentos históricos que lle permiten ao visitante facer un percorrido pola obra, a vida e o tempo do escritor Carlos Casares, homenaxeado coas Letras Galegas 2017.

A mostra aproveita os traballos de catalogación do arquivo persoal do autor de Vento ferido, realizados en 2010 e 2012, e a investigación derivada deles, que se converteu nunha fonte riquísima para coñecer a Casares.

Galego

Lugar: continxencias de uso

O proxecto Lugar: continxencias de uso examina o traballo de tres artistas: Sofía Táboas, Patricia Esquivias e Luciana Lamothe, de nacionalidade mexicana e orixe galega, española de orixe venezolana e arxentina, respectivamente. O universo temático dos proxectos das tres artistas desenvolverase no ámbito da cidade contemporánea e a arquitectura.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición