120º aniversario do nacemento de Eduardo Blanco Amor (1897-1979)
Eduardo Modesto Blanco Amor, nado en Ourense o 14 de setembro de 1897 e finado en Vigo o 1 de decembro de 1979, foi un escritor e xornalista galego. No ano 1993 dedicouselle o Día das Letras Galegas.
Escribiu poesía, teatro, ensaio e narrativa, sendo nesta última na que destaca con algunhas obras fundamentais da literatura galega como A esmorga, Os biosbardos, Xente ao lonxe...
Con esta mostra, que pode visitarse no 2º andar da biblioteca, conmemoramos o 120º aniversario do seu nacemento.

