Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Alén dos xéneros

Trátase dunha revisión actualizada das prácticas artísticas feministas que dende os anos noventa en Galicia foron realizadas tanto por mulleres coma por homes. Comisariada por Anxela Caramés, permite contextualizar o traballo artístico que aborda as cuestións de xénero, poñendo en relación o ámbito galego co estatal e internacional. Á súa vez, tende pontes entre as producións artísticas e os movementos sociais e políticos reivindicativos. 

Galego

Arte de tinta chinesa. Cantos de vento primaveral

Esta mostra é un delicioso exemplo da máis profunda concepción da pintura tradicional e un alarde da técnica de tinta chinesa.

O martes 7 de febreiro ás 17:30 h os coordinadores dos actos da II Semana da cultura chinesa - Miguel Cortés Hernández da Asociación Educativa Cultural Qu Yuan (屈原), Wang Quan (汪泉) da oficina de relacións exteriores da USC e Cai Jianxin (佳欣 ) Secretaria da Asociación dos Estudantes Chineses de Santiago de Compostela - presentan o ciclo de actividades e inauguran a exposición.

Galego

100 aniversario do nacemento de José Luis Sampedro

José Luis Sampedro Sáez, nado en Barcelona o 1 de febreiro de 1917 e finado en Madrid o 8 de abril de 2013, foi un escritor e economista de orixe catalá. Con esta mostra recordamos a súa obra.

En abril de 2009 foi investido como Doutor Honoris Causa da Universidade de Sevilla. En 2010 o Consello de Ministros outorgoulle a Orden das Artes e as Letras de España. En 2011 recibiu o Premio Nacional das Letras Españolas. En 2012 foi nomeado Escritor Galego Universal pola Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Galego

Cultura chinesa

Mostra bibliográfica vinculada á programación da IV Semana da cultura chinesa na biblioteca, ciclo de actividades do 5 ao 9 de febreiro, organizada pola Asociación Cultural Educativa Qu Yuan(阿塞屈原) e coordinada por Miguel Cortés Hernández (米東方), vogal de Intercambios Lingüísticos e Actividades Culturais da Asociación, e Han Yu (韩禹) presidente da Asociación China Universitaria de Santiago de Compostela (圣地亚哥大学中国学生学联).

No 3º andar da biblioteca. 

Galego

Velar y desvelar

Unha residencia artística é un modelo de convivencia onde se xestan e confrontan novas prácticas creativas. Esta experiencia levada a cabo polo Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa dende o ano 2012, e que resultou unha das aportacións máis interesantes da arte e a cultura contemporáneas, reúne nesta ocación a 17 participantes, nun itinerario expositivo que é exemplo de creatividade.

Galego

Correa Corredoira. Os días pintados

Trátase da primeria gran exposición de 2017 na Fundación Seoane, unha retrospectiva de Xabier Correa Corredoira (A Coruña, 1952) que, por vez primeira, abrangue a súa produción pictórica e que permitirá amosar ao público un centenar de obras dun artista que formou parte de colectivos como Atlántica, ademais de iniciativas como Gruporzán e que resulta fundamental para entender a arte e a cultura desenvolvida en Galicia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición