Archipiélago. Mónica Ortuzar
A artista vasca, profesora na facultade de Belas Artes dende o ano 1993, inaugura unha exposición formada por unha serie de autorretratos inéditos, acuarelas e gouache, todos realizados en 2016.
A artista vasca, profesora na facultade de Belas Artes dende o ano 1993, inaugura unha exposición formada por unha serie de autorretratos inéditos, acuarelas e gouache, todos realizados en 2016.
Trátase dunha revisión actualizada das prácticas artísticas feministas que dende os anos noventa en Galicia foron realizadas tanto por mulleres coma por homes. Comisariada por Anxela Caramés, permite contextualizar o traballo artístico que aborda as cuestións de xénero, poñendo en relación o ámbito galego co estatal e internacional. Á súa vez, tende pontes entre as producións artísticas e os movementos sociais e políticos reivindicativos.
Con Inventario a artista fai un percorrido familiar a través dunha nova visión dos obxectos que conforman a súa historia. Esta mostra xorde da necesidade de construír e aprender a súa identidade a partir da realidade familiar.
Os coñecementos tradicionais supoñen unha enorme valía no contexto do cambio global e son imprescindibles para un desenvolvemento sustentábel. As prácticas tradicionais deberan constituír unha referencia clave na xestión dos territorios onde se xeraron e desenvolveron.
Esta mostra é un delicioso exemplo da máis profunda concepción da pintura tradicional e un alarde da técnica de tinta chinesa.
O martes 7 de febreiro ás 17:30 h os coordinadores dos actos da II Semana da cultura chinesa - Miguel Cortés Hernández da Asociación Educativa Cultural Qu Yuan (屈原), Wang Quan (汪泉) da oficina de relacións exteriores da USC e Cai Jianxin (佳欣 ) Secretaria da Asociación dos Estudantes Chineses de Santiago de Compostela - presentan o ciclo de actividades e inauguran a exposición.
José Luis Sampedro Sáez, nado en Barcelona o 1 de febreiro de 1917 e finado en Madrid o 8 de abril de 2013, foi un escritor e economista de orixe catalá. Con esta mostra recordamos a súa obra.
En abril de 2009 foi investido como Doutor Honoris Causa da Universidade de Sevilla. En 2010 o Consello de Ministros outorgoulle a Orden das Artes e as Letras de España. En 2011 recibiu o Premio Nacional das Letras Españolas. En 2012 foi nomeado Escritor Galego Universal pola Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Mostra bibliográfica vinculada á programación da IV Semana da cultura chinesa na biblioteca, ciclo de actividades do 5 ao 9 de febreiro, organizada pola Asociación Cultural Educativa Qu Yuan(阿塞屈原) e coordinada por Miguel Cortés Hernández (米東方), vogal de Intercambios Lingüísticos e Actividades Culturais da Asociación, e Han Yu (韩禹) presidente da Asociación China Universitaria de Santiago de Compostela (圣地亚哥大学中国学生学联).
No 3º andar da biblioteca.
Unha residencia artística é un modelo de convivencia onde se xestan e confrontan novas prácticas creativas. Esta experiencia levada a cabo polo Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa dende o ano 2012, e que resultou unha das aportacións máis interesantes da arte e a cultura contemporáneas, reúne nesta ocación a 17 participantes, nun itinerario expositivo que é exemplo de creatividade.
Trátase da primeria gran exposición de 2017 na Fundación Seoane, unha retrospectiva de Xabier Correa Corredoira (A Coruña, 1952) que, por vez primeira, abrangue a súa produción pictórica e que permitirá amosar ao público un centenar de obras dun artista que formou parte de colectivos como Atlántica, ademais de iniciativas como Gruporzán e que resulta fundamental para entender a arte e a cultura desenvolvida en Galicia.
A mostra está composta por 57 imaxes seleccionadas entre as máis das 600 presentadas ao concurso sobre o Camiño de Santiago organizado por Correos en colaboración coa comunidade iPeregrinos e a Universidade de Santiago.